Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación infantil

PARABÉNS TIAGO!

Hoxe celebramos o aniversario de Tiago que foi o 7 de decembro e cumpríu 3 anos,seguindo o ritual Montessori ,para celebrala súa  vida  e o paso dos anos.Dámoslle os parabéns polo seu aniversario e polas tres voltas que xa ten dado ao sol.Esta celebración dalle aos peques seguridade á vez que toman conciencia do lugar que ocupan no entorno no que viven,axudándolles a recoñecer o paso do tempo e a entender cómo creceron e cambiaron dende que naceron.

Poñemos un  mantel a modo de sistema solar,no centro un sol cunha vela acesa cos meses do ano e o globo terráqueo nas  máns  de Xune para facelo xirar ao mesmo tempo que  xira arredor do sol.Completámolo colocando as fotos de recén,dun e de dous anos para ver coma creceu cada ano e así contar a historia da súa vida.

Finalizamos co tradicional tirón de orellas ,os nosos Aspitos e o cadro artístico realizado polo protagonista co trazo horizontal,vertical e moitas pupilas en cores de nadal.

Moitos biquiños pequerrecho!

PARABÉNS XUNE!

Celebramos o aniversario de Xune,que cumpríu 3 anos,seguindo o ritual Montessori ,para celebrala súa  vida  e o paso dos anos.Dámoslle os parabéns polo seu aniversario e polas tres voltas que xa ten dado ao sol.Esta celebración dalle aos peques seguridade á vez que toman conciencia do lugar que ocupan no entorno no que viven,axudándolles a recoñecer o paso do tempo e a entender cómo creceron e cambiaron dende que naceron.

Poñemos un  mantel a modo de sistema solar,no centro un sol cunha vela acesa cos meses do ano e o globo terráqueo nas  máns  de Xune para facelo xirar ao mesmo tempo que  xira arredor do sol.Completámolo colocando as fotos de recén,dun e de dous anos para ver coma creceu cada ano e así contar a historia da súa vida.

Finalizamos co tradicional tirón de orellas que quixo que a Rayant para que lle tirara,os nosos Aspitos e o cadro artístico realizado polo protagonista co trazo horizontal,vertical e moitas pupilas en cores de nadal.

Bicos Xune, por eses tres anos que acabas de cumprir!é dos máis peques xunto con Tiago e Manuela que faltan por cumprir,son os pequerrechos da clase con dous anos todavía.

BITS DE INTELIXENCIA O MAR E A CONTAMINACIÓN

Dende que empezou o curso,estamos a utilizar a diario unha ferramenta metodolóxica moi poderosa chamada “Bits de intelixencia”,garantindo  así un ambiente estimulante e enriquecedor para o noso alumnado.Os bits de intelixencia estimulan a memoria,a atención,a capacidade de procesamento da información e ademáis enriquece o vocabulario fomentando a linguaxe e as habilidades comunicativas.

 

Escoitamos bits dunha ampla variedade de temas e éste en concreto con temática do mar e a contaminación queremos compartilo con vós porque o audio é gravado coas súas voces.

 

Resulta moi simpático escoitalos,veredes!

 

CONTOS DE BOCA

A nosa invitada especial para contar o conto foi Sabela,a nai de Asia, e puxo o listón moi alto porque enganchou ata a profe,non sei a quen lle gustou máis se aos peques ou a mín."La extraña visita"de Libre Albedrio é un conto terroríficamente divertido cheo de sorpresas e suspense ademáis de ser rimado e repetitivo,vamos que é marabilloso.Moi fermosa esta primeira foto dunha filla observando a súa nai contar un conto no seu cole a todos os seus compis!

PARABÉNS LUCÍA!

Celebramos o aniversario de Lucía que cumpríu 3 anos,seguindo o ritual Montessori ,para celebrala súa  vida  e o paso dos anos.Dámoslle os parabéns polo seu aniversario e polas tres voltas que xa ten dado ao sol.Esta celebración dalle aos peques seguridade á vez que toman conciencia do lugar que ocupan no entorno no que viven,axudándolles a recoñecer o paso do tempo e a entender cómo creceron e cambiaron dende que naceron.

Poñemos un  mantel a modo de sistema solar,no centro un sol cunha vela acesa cos meses do ano e o globo terráqueo nas  máns  de Lucía para facelo xirar ao mesmo tempo que  xira arredor do sol.Completámolo colocando as fotos de recén,dun e de dous anos para ver coma creceu cada ano e así contar a historia da súa vida.

Finalizamos cos nosos Aspitos e un cadro artístico realizado pola protagonista co trazo horizontal,vertical e moitas pupilas.

Bicos Lucía, por eses tres anos que acabas de cumprir!

PARABÉNS ASIA

Celebramos o aniversario de Asia que cumpríu 3 anos,seguindo o ritual Montessori ,para celebrala súa  vida  e o paso dos anos.Dámoslle os parabéns polo seu aniversario e polas tres voltas que xa ten dado ao sol.Esta celebración dalle aos peques seguridade á vez que toman conciencia do lugar que ocupan no entorno no que viven,axudándolles a recoñecer o paso do tempo e a entender cómo creceron e cambiaron dende que naceron.

Poñemos un  mantel a modo de sistema solar,no centro un sol cunha vela acesa cos meses do ano e o globo terráqueo nas  máns  de Asia para facelo xirar ao mesmo tempo que  xira arredor do sol.E xa de derradeiro ,colocamos as fotos de recén,dun e de dous anos para ver coma creceu cada ano.

Finalizamos cos nosos Aspitos e un cadro artístico realizado pola protagonista co trazo horizontal e vertical.

Bicos Asia por eses tres anos que acabas de cumprir!

SAMAÍN 2023

Así foi como festexamos o Samaín,disfrazadas e disfrazados,con actividades  e música ademáis dun  desfile  na aula .Entre as propostas houbo apócemas con vinagre,bicarbonato e arroz tinguido,collage con lugumes e cereais,sacar as pebidas da cabaza para secar e gardar para futuras actividades,coloreado de debuxos propios da  data e colocar pezas na tea de araña da mesa tufftray con moita precisión e frustación.

Compartimos esta celebración con todo o alumnado do cole na pista con moito baile e carreiras.MOITO MEDO!

 

ARTE CON RENÉ MAGRITTE

Coñecimos o cadro de René Magritte "El hijo del Hombre"destapando parcialmente o mesmo a través dun círculo cada vez máis grande ata destapalo enteiro.Contemplamos,fablamos e fixemos unha reflexión conxunta con preguntas do tipo,qué pode ser o que vedes?,home ou muller?,en qué lugar pode estar?,cómo se chamará?,é polo día ou pola noite?o fillo onde está?,..xurdindo así respostas non moi variadas porque nestas idades repiten a anterior resposta pero pouco a pouco terá cada quen a súa..Con esta proposta de arte  traballamos habilidades de pensamento para chegar a ser críticos e educar a súa mirada.

Tamén xogamos a representar o autorretrato de René e pasamos un ratiño a mar de divertido,con risas e aplausos para o voluntariado que quixo participar,porque non se obriga a ninguén que non queira,ten que ser algo divertido.Marabillosa sesión coa axuda da profe Alba coma en moitas actividades.

 

 

SEMANA DAS MAZÁS

Ao longo de toda a semana as nosoas actividades xiraron arredor das mazás,partindo da motivación do "I Concurso da mazá máis pequena".As actividades foron libres e dirixidas empezando pola exposión de mazás,búsqueda das letras do seu nome eos números 1,2,3 nunha mazá xigante,experimento da oxidación da mazá coas  hipóteses que conlevan,coloreado da súa propia mazá fixándose na cor,secuencia da mazá mordida de Brancaneves,caixa de cores Montessori para traballar a educación visual cromática,rematando o venres coa degustación das mesmas e buscando a estrela que levan dentro despois do visionado do conto"A mazá que quería ser unha estrela".

VISITA ESPECIAL PARA UN CONTO ESPECIAL

Este xoves visitounos Nerea Castro ,a irmá de Lucía que xa é maior, para contarnos un conto moi especial nestas datas tan próximas ao samaín,"Zanahorias Maléficas".Un conto moi recomendable ,a historia do coellino Jasper e o que lle aconteceu cando as cenorias comezaron a perseguilo,recrea a tensión e o misterio dunha historia de terror para peques.

 

Distribuir contido