Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Protocolos

Carta á comunidade educativa en relación coa situación Covid-19 no centro

Queridas familias e persoas que formamos parte da comunidade educativa de Centieiras:

Nestes tempos tan difíciles nos que debemos coidarnos e ser responsables, dende o equipo directivo agradecemos a labor que están a facer todas e cada una das persoas que forman parte desta comunidade educativa.  Sendo responsables, respectando as medidas e cortando os contactos que se poidan traducir en contaxio é o único que podemos facer agora mesmo para evitar a transmisión do virus.

Debemos pensar no centro como nunha familia, xa que durante moitas horas do día estamos no mesmo edificio compartindo experiencias, coñecementos, inquedanzas e moitos sorrisos detrás dun tapabocas. Todo isto con distancia, moita limpeza e as ventás sempre abertas para que cando vaiamos para casa non sexamos ningún risco para nós nin para as persoas que queremos.

Pero independentemente das medidas que tomemos, o virus está aquí e temos que ser doblemente responsables: coidarnos e non expoñernos en situacións nas que poidamos ser contaxiados ou contaxiar a alguén tanto dentro como fóra do centro.  Reunións familiares, clases particulares sen distancia, xogos no parque cos columpios, quedadas de fin de semana cos amigos/as… Dende o inicio de curso ata agora tivemos un certo relaxamento das medidas fóra do centro, que si ben todos e todas necesitabamos, non debemos continuar a facer.

Actualmente temos no centro tres casos positivos, unha aula confinada de forma preventiva, una mestra e varios alumnos e alumnas confinados espallados polo centro. Queremos dicir que Centieiras é un espazo seguro. E soamente pode selo se todos e todas somos conscientes das medidas que debemos cumprir tanto dentro como fóra do centro.

Unha aperta moi grande e todo o ánimo do mundo,

 

Iria González Grande

Directora CEIP Plurilingüe de Centieiras

 

Carta equipo Covid á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Centieiras

Adxuntamos a carta informativa sobre a situación Covid no centro, a cal podedes atopar adxunta mais abaixo.

Contacto Covid Centieiras

Ante calquera incidencia, o equipo Covid do centro está á vosa disposición:

  • Iria (Coordinadora)
  • Maca (Responsable educación infantil, 1º e 2º educación primaria)
  • Abel (Responsable 3º, 4º, 5º e 6º educación primaria)

Podedes poñervos en contacto co centro polos seguintes medios:

Teléfono:

  • 881 93 01 34
  • 881 93 01 33

Email:

  • ceip.ascentieiras@edu.xunta.gal
 

Aclaración sobre os tapabocas

Ante as dúbidas que están a xurdir sobre o tipo de tapabocas que debemos traer ao centro, a resposta é homologadas. Poden ser desbotables, de tela, con filtro... pero sempre con selo de calidade segundo a normativa europea. Faino por ti e polos que queres!

Distribuir contido