Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Visita á banda do Terzo Norte e ao Museo Naval
O martes 21 de marzo 1º e 2º de Educación Primaria fomos de visita a ver á banda do Terzo Norte no Cuartel de Dolores. Alí puidemos disfrutar dun concerto con varias cancións infantís como son A Pantera Rosa, Os Simpson ou Os Picapedra. Tamén aprendimos sobre os diferentes tipos de intrumentos da banda (vento-madeira, vento-metal e percusión) e sobre o director. Un dos nenos comprobou que non é doado dirixir unha banda de música ainda que che deixen a batuta, pero ao final fíxoo moi ben. E, como sorpresa, participamos nunha exhibición de cans adestrados
Despois fomos ao Museo Naval e alí nos ensinaron como se vivía nun barco, o que había na despensa, os aparellos que tiñan que utilizar os buzos, os camarotes... e moito máis!