Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Chegou a primavera !

   Hoxe 20 de marzo comezou a primavera ás 4 horas e 6 minutos no hemisferio norte, o noso hemisferio, din que vai durar aproximadamente 92 días e 18 horas. Na clase de quinto a primavera deunos a benvida cunha nova planta para a aula, unha Suculenta Cebrina, ou Cebriña, de nome científico Haworthiopsis attenuata.

   Ademais da súa función decorativa ter plantas nos espazos de interior din que melloran a calidade do aire, reducen a humidade e fan os lugares máis acolledores, calmándonos e reducindo o noso estrés. Así que como actividade na clase de Ciencias Naturais e en relación ao PDI deste curso " Pegadas Verdes" adicámonos a transplantar as plantas da escaleira da nosa zona, coñecedores da importancia de ter plantas no interior das nosas casas, escola e lugares de traballo.

Nestas fotos podedes ver como transplantamos unha Clivia (Clivia miniata) e unha Cinta (Chlorophytum comosum).

 E aquí ademais da Clivia podedes ver que tamén transplantamos unha planta que ten uns nomes moi curiosos, o máis coñecido é Lingua de sogra, pero tamén se lle chama Lingua de tigre ou Espada de San Xurxo, o seu nome científico é Dracaena trifasciata.

  Por último e para rematar plantamos unha cápsula con sementes que a ANPA regalounos polo Nadal e que estamos desexando ver que é o que brotará, como será esa planta.