Skip to Content

Programación de actividades en torno ao 25N, día internacional para a Eliminación da violencia contra a muller

Como cada curso en torno ao 25 de Novembro, día internacional para a Eliminación da violencia contra a muller, o centro levará a cabo en tódolos niveis educativos actuacións de prevención e sensibilización en torno a esta temática. Deixámosvos un pequeno resumen da programación para o curso 21-22:

Educación infantil:

- Rompendo estereotipos. Actividades de reflexión e ruptura dos roles e estereotipos de xénero vixentes, empregando como núcleo temático o conto Iriña Bailarina. O colofón porao a representación para todo o alumnado da etapa da versión teatralizada da historia de Iriña por parte de Teatro Ghazafelhos. Unha experiencia única, cun elenco teatral de excepción, que chega da man da Federación Provicinal de Anpas, co inestimable apoio económico e de xestión da ANPA do colexio.

 

Portada Iriña Bailarina Ghazafelhos

Educación primaria:

- Talleres pola igualdade. Talleres de deconstrución de roles de xénero e modelos de relación tradicionais e de promoción de de novos roles de identidade e modelos de relación igualitarios. Os talleres son deseñados e impartidos a través dunha colaboración entre o Departamento de Orientación e a entidade Aquelar Psicoloxía e Educación, promovidos e financiados polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Carnota.

- Slogans pola igualdade. Durante a realización dos talleres, iranse recollendo aportacións do alumnado que conviden á reflexión con perspectiva de xénero. Co financiamento do concello, imprimiranse en vinilos e colocaranse no frontal dos chanzos das escaleiras de acceso ás aulas e no rodapé da rampa de acceso á biblioteca.

- Scape Room para traballar en igualdade de xeito cooperativo. As aulas do 2º e 3º ciclo participarán nun Scape Room de prevención da violencia de xénero, organizado polo Departamento de Orientación a partir dos materiais fornecidos pola campaña De Fronte da Deputación, á que o centro está adherido.

Logo De Fronte

Intervencións de centro:

- Canción contra a violencia de xénero, composta e ensaiada dende a área de Educación Musical a partir do lema oficial do 25N.

- Exposición temática da biblioteca no corredor do centro.

- Reparto de materiais de sensibilización da campaña De Fronte da Deputación entre o alumnado.

REVISTA ESCOLAR AS LIÑEIRAS Nº16 - CURSO 2020/2021

Un ano máis, a revista as liñeiras fai un repaso do curso. Agardamos que vos guste.

(Pica na imaxe para vela)

Concurso Borrajanchos 2020/21

Outro curso máis celebramos o Concurso de Borrajanchos. Neste vídeo podedes ver os gañadores desta edición

A biblioteca no confinamento

No proxecto deste ano para a Biblioteca moitas ideas quedan sen poder sair adiante, outras xa se fixeron e outras readaptaranse á nova situación de peche do centro e da Biblioteca. Pero por ganas que non quede, así que, ademais do que xa se fixo, do que se irá propondo para facer na casa, recopilamos algunhas actividades de cursos pasados con enlaces desde esta páxina, en especial os Kamishibai.

Recomendacións:(clica no título)

KAMISHIBAI 2018-2019

KAMISHIBAI 2017-2018

 

 

Acoso escolar. Guía para familias

Hoxe 2 de maio conmemórase o "Día contra o acoso escolar". Ademais dos recursos que vos propuxemos ( conto, cancións e curta) queremos compartir esta guía  do Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia con todas  todas as familias. 

2 de abril: Día do autismo

A pesares do confinamento, coa colaboración do noso alumnado dende as súas casas elaboramos o seguinte video para o Día Internacional do Autismo
 
 

Cuestionario accesibilidade a internet e medios tecnolóxicos

Dende a Consellería estase a pedir aos centros que recabemos información relativa ás posibilidades das familias en canto ao acceso a internet e as posibilidades de emprego de novas tecnoloxías nas casas. Entendemos que é por asegurar de certa maneira con que medios se dispón nos fogares para a máis que probable prórroga do estado de confinamento nas casas e o retraso conseguinte no retorno das actividades lectivas. Así mesmo, estas preguntas axudarán ao profesorado do centro a buscar e xestionar mellor as canles para facilitar a continuidade do traballo nas casas baixo a supervisión do docente. Por iso, detallamos deseguido algúns items ou preguntas que nos gustaría coñecer e que agradeceriamos que contestaran na mensaxe que se enviará por ABALAR en mensaxería con opción de resposta. Somentes terían que respostar na mesma orde das preguntas, e sen deixar ningunha sen resposta.

En caso de atopar dificultades, poden pedir que llelo enviemos por correo electrónico ou que nos poñamos en contacto por teléfono dende as titorías.  Agradecendo a súa colaboración, hai van as preguntas:

  1. Curso do neno:
  2. Nome
  3. Teñen acceso a internet?
  4. Tipo de acceso a internet (tarifa ilimitada, tarifa tipo 4G, só cos datos do móbil)
  5. En caso de ter internet, considera factible manter comunicación por videochamada.videoconferencia? (teña en conta a limitación de datos e cobertura)
  6. De que dispositvios dispón na casa (ordenadores, tablet, móbil,  especifique si máis de un ordenador ou si este é compartido)
  7. Dispón de impresora?
  8. Considerase con destreza suficiente para axudar coas tarefas online?

 

 

CUALIFICACIÓNS SEGUNDO TRIMESTRE 2020

Ao longo do día de mañá mércores poderán consultar en ABALAR MÓBIL as cualificacións do segundo trimestre. Neste trimestre, segundo as instruccións recibidas da Consellería e das que xa informamos, tense en conta para as cualificacións o traballado mentres durou o periodo lectivo. 

Informamos que na maioría das titorías non se cargaron as faltas dado que eses datos estaban no centro. 

Lembramos que si se dispón de Chave 365 ou certificado dixital se pode acceder ao ESPAZO ABALAR, onde tamén se poden ver as cualificacións.

Por razóns obvias, non se enviará o Boletín de cualificacións aos domicilios. Se algunha familia non pode acceder ás cualificacións pode porse en contacto coa titora ou ben enviar un email ao enderezo do centro: ceip.carnota@edu.xunta.es. De non ter esta posibilidade poden intentar coa titora se teñen o seu número ou ben co director no 881866795 de 9:45 a 14 horas ou das 16:30 ás 18 horas, e tentarase buscar un xeito de facerlles chegar a información relativa ás cualificacións.

 

Ánimo 

Un saúdo.

 

Contidos para o confinamento: páxina web e blogues do profesorado

Imos poñer link aos distintos blogues que está a crear o profesorado para organizar o traballo durante estes días de confinamento. Tamén iremos tentando actualizar a información.

Clicade no título.

4º EInfantil  5º-6º E Infantil   
1ºEP (novo)  2º EP (NOVO) 3º EP
4º EP 5ºA EP 5ºB EP
6º EP E Artística E. Física     
Orientación Inglés

 Relixión C

(novas actividades)

Taller Creativo 6º

   

 Para acceder a contidos na páxina web do cole, empregar os menús laterais, ben na esquerda en departamentos (especialidades) ou na dereita en actividades onde tedes a relación dos cursos (traballo por titorías). Pode darse o caso de que haxa traballo en blogue e na páxina.

 Titorial: como compartir videos e outros documentos "pesados" por Drive

 

Día do libro: Coronavideos, Amar en tempos de coronavirus, Orella Pendella , Video "Día do Libro"

       Canción para as Letras Galegas Novo

Biblioteca: revista O Papagaio, maio 2020 

Biblioteca: revista O Papagaio de abril

Recomendacións do Departamento de Orientación

Recomendacións para seguir coa rutina

Actividades para 6º EP

Actividades para 5º A EP

Actividades para 4º EP

Actividades para 3º EP

Actividades para 2º EP

Actividades para 1º EP

Actividades Inglés

Actividades Educación Física (Novas)

Actividades de Música

E Infantil 5º-6º

Actividades para 4º de EI

Proposta de contos para EI

Proposta para moverse. Fai Aerobic

 

 

Link:ABALAR MÓBIL nos pide contrasinal, que fago...

 

 

 

SEGUIMOS MOVÉNDONOS!

Propoñemos unha sesión completa para seguir movéndonos, iso si, sempre dende a casa.

 

ROSA CONTRA EL VIRUS.

 

 

Queremos recomendar este contiño que publicaron dende o Colexio de Psicoloxía de Madrid. É moi sinxelo e trae propostas de actividades chulas para facer en familia, e algunhas recomendacións para as nais e pais. Esperamos que vos guste tanto como a nós. Moito ánimo!

https://marketing.editorialsentir.com/contenidosadicionales/Cuento_Rosa_contra_el_virus.pdf

 

 

 

 

 

 

Blogues do profesorado

Imos poñer link aos distintos blogues que está a crear o profesorado para organizar o traballo durante estes días de confinamentoP. Tamén iremos tentando actualizar a información, e pregamos, que na medida do posible, se instale Abalar Móbil por parte das familias.

Clicade no título.

4º EInfantil  5º-6º E Infantil   
1ºEP  2º EP (NOVO) 3º EP
4º EP 5ºA EP 5ºB EP
6º EP E Artística E. Física     
Orientación Inglés  Relixión C

 Para acceder a contidos na páxina web do cole, empregar os menús laterais, ben na esquerda en departamentos (especialidades) ou na dereita en actividades onde tedes a relación dos cursos (traballo por titorías). Pode darse o caso de que haxa traballo en blogue e na páxina.

 

Recomendacións do Departamento de Orientación

Recomendacións para seguir coa rutina

Actividades para 6º EP

Actividades para 5º B EP

Actividades para 4º EP

Actividades para 3º EP

Actividades para 2º EP

Actividades para 1º EP

Actividades Inglés

Actividades Educación Física

Actividades de Música

E Infantil 5º-6º

Actividades para 4º de EI

Proposta de contos para EI

Proposta para moverse. Fai Aerobic

 

 

Link:ABALAR MÓBIL nos pide contrasinal, que fago...

 

 

 

Tan diferentes como iguais. 21 de Marzo, Día Mundial da Síndrome de Down.

O claustro do CEIP Plurilíngüe de Carnota quere sumarse á campaña de Down Galicia:

 

Tendo en conta a situación que nos toca vivir non queremos pasar por alto esta data sen alzar a voz para reclamar unha sociedade máis inclusiva, diversa e plural.

Por iso #EUQUEDONACASA e visibilizamos o 21M poñéndonos #CalcetínsDispares.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut