videotitoriais e titoriais

Poñemos á vosa disposición un novo titorial de como reducir o tamaño dunha imaxe nun ordenador con sistema windows. Empregaremos unha aplicación (programa) propia de windows que ven instalada por defecto nos ordenadores con este sistema operativo. Neste caso o titorial vai para as últimas versións de windows, coa aplicación Paint, moi similar ao Paint anterior pero máis completo.

Clica para descargar o titorial: reducir tamaño de imaxes con Paint

Neste outro titorial completamos algunhas opcións máis do Paint. Clica para velo

No caso de non dispor dun ordenador, empregamos o móbil. Hai varias apps para facelo, pero todo depende de si estades dispostos a descargar máis apps e seguir saturando o móbil. Iremos probando algunhas para tentar crear algún novo manual. De momento deixamos este link a unha web con información de como facelo co móbil (clicar para acceder).

Tamén pode ser moi util xuntar varias imaxes nun só arquivo pdf para enviar toda a tarefa. Clicade aquí para ver un titorial de como facelo.

 

Agora un titorial para subir documentos a través dunha das aplicacións de Google, o Drive, que é un sistema de almacenamento e que permite compartir o que gardedes con outras persoas a través do correo electrónico. Ademais poñemos un video titorial, sen son, dos pasos que se seguen co móbil para subir algo dende a Galería do móbil ata compartilo.

TITORIAL PARA COMPARTIR DOCUMENTOS A TRAVÉS DE DRIVE DESDE O ORDENADOR OU DESDE O MÓBIL (CLICAR AQUÍ)

Esperamos que vos sirva de axuda.

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

AdxuntoTamaño
subir_co_mobil.mp42.03 MB
titorial paint-reducir imaxe.pdf157.45 KB
titorial-texto e recortar con paint.pdf256.04 KB

Powered by Drupal - Design by artinet