Skip to Content

CUALIFICACIÓNS SEGUNDO TRIMESTRE 2020

Ao longo do día de mañá mércores poderán consultar en ABALAR MÓBIL as cualificacións do segundo trimestre. Neste trimestre, segundo as instruccións recibidas da Consellería e das que xa informamos, tense en conta para as cualificacións o traballado mentres durou o periodo lectivo. 

Informamos que na maioría das titorías non se cargaron as faltas dado que eses datos estaban no centro. 

Lembramos que si se dispón de Chave 365 ou certificado dixital se pode acceder ao ESPAZO ABALAR, onde tamén se poden ver as cualificacións.

Por razóns obvias, non se enviará o Boletín de cualificacións aos domicilios. Se algunha familia non pode acceder ás cualificacións pode porse en contacto coa titora ou ben enviar un email ao enderezo do centro: ceip.carnota@edu.xunta.es. De non ter esta posibilidade poden intentar coa titora se teñen o seu número ou ben co director no 881866795 de 9:45 a 14 horas ou das 16:30 ás 18 horas, e tentarase buscar un xeito de facerlles chegar a información relativa ás cualificacións.

 

Ánimo 

Un saúdo.

 



page | by Dr. Radut