Skip to Content

Cuestionario accesibilidade a internet e medios tecnolóxicos

Dende a Consellería estase a pedir aos centros que recabemos información relativa ás posibilidades das familias en canto ao acceso a internet e as posibilidades de emprego de novas tecnoloxías nas casas. Entendemos que é por asegurar de certa maneira con que medios se dispón nos fogares para a máis que probable prórroga do estado de confinamento nas casas e o retraso conseguinte no retorno das actividades lectivas. Así mesmo, estas preguntas axudarán ao profesorado do centro a buscar e xestionar mellor as canles para facilitar a continuidade do traballo nas casas baixo a supervisión do docente. Por iso, detallamos deseguido algúns items ou preguntas que nos gustaría coñecer e que agradeceriamos que contestaran na mensaxe que se enviará por ABALAR en mensaxería con opción de resposta. Somentes terían que respostar na mesma orde das preguntas, e sen deixar ningunha sen resposta.

En caso de atopar dificultades, poden pedir que llelo enviemos por correo electrónico ou que nos poñamos en contacto por teléfono dende as titorías.  Agradecendo a súa colaboración, hai van as preguntas:

  1. Curso do neno:
  2. Nome
  3. Teñen acceso a internet?
  4. Tipo de acceso a internet (tarifa ilimitada, tarifa tipo 4G, só cos datos do móbil)
  5. En caso de ter internet, considera factible manter comunicación por videochamada.videoconferencia? (teña en conta a limitación de datos e cobertura)
  6. De que dispositvios dispón na casa (ordenadores, tablet, móbil,  especifique si máis de un ordenador ou si este é compartido)
  7. Dispón de impresora?
  8. Considerase con destreza suficiente para axudar coas tarefas online?

 

 



page | by Dr. Radut