Skip to Content

Familias lectoras en Cenlle

Este xoves tivemos a unha nai voluntaria que vino a ler contos ao cole, a experiencia foi moi grata, e os nenos e nenas encantados. Grazas a Lucía Cortiñas pola súa colaboración e poder levar a cabo esta experiencia tan enriquecedora e motivadora para o noso alumnado

Samain e Halloween en Cenlle 2022 Taller

Aquí estamos pintando cabazas no taller de pintura negra do cole e cos máis pequenos un taller de máscaras

 

 

 

Esta vez el taller é de máscaras de esqueletos e sombreirors de terroríficas arañas

Samain e Halloween en Cenlle 2022 A historia

Aquí estamos na clase de inglés coa auxiliar de conversación Karina onde nos ensinou uns videos da historia de Halloween nos Estados Unidos de América.

Logo nos tedes facendo as faldas das nosas "Bruxas" 

 

Samain e Halloween en Cenlle 2022 PARTE III

Halloween Craft, preparando os sombreiros de "Bruxas" na clase de Art

 

Samain e Halloween en Cenlle 2022 PARTE II

Seguimos de celebración, aqui estamos vendo a historia de Samain e Halloween na que os nenos e nenas comprobaron e coñeceron as diferenzas e similitudes entre ambas conmemoracións 

E logo terminamos o día de festa, comendo e bailando

Samain e Halloween en Cenlle 2022

Aqui tedes ao alumnado celebrando Samain e Halloween combinando as dúas culturas, e coas súas mellores vestimentas

Art Class

Aqui nos tedes en clase con Karina a nosa auxiliar de conversa deste ano


Charla da Discapacidade COGAMI

Os nenos e nenas de Cenlle tivemos unha charla sobre a discapacidade, na que fumos capaces de sentir o que é estar enriba dunha cadeira de rodas, e sentir de primeira man o que pode sentir unha persoa que non pode ver.

APOIAMOS á labor de COGAMI que ten como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción do seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servicios que satisfagan  as súas necesidades e expectativas.

 

Día das Bibliotecas

Este ano celebramos o día da Biblioteca no nova Biblioteca de Cenlle, onde sacamos libros de préstamos e disfrumos da lectura con Fátima Fernández, un gran día

Comunicados por ABALAR

A mensaxería de abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación é aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias . Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar toda a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

  

Os deixamos un vídeo para que  a poidades descargar nos vosos teléfonos calquera dúbida podedes chamar ao centro  

  

Distribuir contido


by Dr. Radut