Skip to Content

Mandatos do MECO

Manuel Murguía

O vindeiro mes de febreiro cúmprese o centenario do pasamento de Manuel Murguía, historiador, escritor e creador e primeiro presidente da Real Academia Galega.

Con tal motivo o profesorado dun grupo de centros de ensino coruñeses elaboran un paquete de actividades sobre Murguía destinada ao alumnado de primaria, material que nos achegaron para a utilización nas aulas.


Este material é o seguinte:
1. UD Manuel Murguía
2. Díptico
3. Expo Manuel Murguía
4. Cuestionario sobre a Expo
5. Paquete de actividades interactivas en formato Genial.ly
https://view.genial.ly/635ec5a8c119af0019de9365

Participamos na carreira solidaria UNOENTRECIENMIL

 SE QUERES VER O XUSTIFICANTE DO NOSO INGRESO FAI CLIC AQUI

Agora xa fixemos a nosa aportación a "La Vuelta Al Cole de Unoentrecienmil" que é unha carreira solidaria que se organiza nos coles dende fai sete años. O seu propósito é sensibilizar e recadar fondos para lograr a cura da leucemia infantil.

 ¡ÚNETE AO MAIOR MOVEMENTO ESCOLAR CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL!

 

Xogos Tradicionais galegos

Consello da Cultura Galega é unha institución estatutaria creada polo Estatuto de Autonomía de Galicia para promover e difundir a lingua e a cultura galega e asesorar ás Administracións neses ámbitos

Aqui os deixamos un montón de xogos populares, que algun deles xa os xogaremos o próximo mércores no cole!!!

 

Fai CLIC na imaxe

 

 

Cumples de Novembro

E chegou novembro e seguimos cos aniversarios, como cada mes cantamos e comimos a tarta todos xuntos.... Felicidades!!!

 

Familias Lectoras

Seguimos coas nosas familias lectoras, esta semana tivemos a Carla a nai de María e Daniela, que nos leu un conto que trataba de fíos invisibles, un conto increible, tan increible como ver o atentos que estaban todos, GRACIAS CARLA por compartir este momento co alumando de Cenlle

 

Coñece as túas institución, Parlamento e Xunta de Galicia 2022

O obxectivo deste programa, denominado Coñece as túas institucións, é que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprenda a separación de poderes propia das democracias, aqui nos tedes todo o alumnado de Primaria do cole, no que nos convertimos en Diputados e Diputadas por un día, incluso nos sentamos en participamos na sala do Presidentes

 

Aniversarios de Outubro

Tamén celebramos unha festa de Halloween tamén celebramos os aniversarios dos dos compañeiros que celebran o seu cumple neste mes de octubre, Felicidades!!!!

Magosto 2022

Festa do magosto no noso cole, aquí estamos co menú típico dun día de magosto, o noso bollo preñado, a bica, o chocolate e a protagonista do día as nosas castañas!!!

Magosto creando arte no patio

Comenzamos un taller de Land Art unha corrente del arte contemporáneo na que se crean obras en plena natureza utilizando os materiais que atopamos no noso cole

 

Otro dos nosos talleres foi de manualidades nas que o alumnado fizo uns caracois moi orixinais e un taller de papiroflexia

Distribuir contido


by Dr. Radut