Skip to Content

Magosto 2019

O pasado venres celebramos o MAGOSTO no cole, no que non faltaron bolos preñados, xogos populares en equipos e en conxunto, fogueira, castañas e un xantar compartido no patio! Ademais, recibimos a visita de Telemiño que nos grabou unha reportaxe que compartiremos tan pronto a teñan subida na web! 

Ata o ano que vén, San Martiño!

Podedes ver moitas máis fotiños na galería da nosa web, fai clic AQUI

Maquetas sobre os ecosistemas

O noso alumnado máis maior elaborou, en colaboración coas súas familias e coa súa titora, o ecosistema que cadaquén libremente escolleu. 

E así lles quedou o resultado, agora exposto no corredor central do centro para que o resto da comunidade educativa poidamos desfrutar deles. Podedes ver máis fotiños na nosa galería (clicando na parte superior dereita desta páxina web). 

Samaín 2019

Onte mércores celebramos no cole o Samaín-Halloween! E para iso caracterizámonos, participamos nunha actividade audiovisual que nos preparou a profe Raquel, fixemos un obradoiro de manualidades coa profe Maite, entregamos os agasallos por participar e tamén ás gañadoras do Concurso de cabazas (que como sempre é o noso alumnado o que vota) e fomos polas casas do pobo a pedir... TRUCO OU TRATO acompañados dalgunhas familias. 

Así dá gusto festexar o Samaín! Ata o ano que vén, Samaín!

MAIS FOTOS

 

Día das Bibliotecas: inauguración!

Hoxe celebramos no cole o Día das Bibliotecas Escolares dunha forma moi especial, coa inauguración da nosa nova biblioteca!!!! 

Temos o gusto e a ilusión de presentarvos a nosa nova biblioteca, na que hai espazos para lectura, traballo en grupo, xogo, novas tecnoloxías, busca de información, creatividade, diversidade... Así dá gusto ir a ler!

Ademais, tivemos a sorte de poder desfrutar coa visita do profe Pablo, que hai dous cursos estivo no cole con nós. Agradecemos un montón a súa visita e a de Raimunda, o seu novo libro que hoxe compartiu con nós. Agardámoste prontiño de novo, profe Pablo!

Velaquí vos deixamos algunhas fotiños,e se queredes ver máis fotos FAI CLIC AQUI

Distribuir contido


by Dr. Radut