Skip to Content

Blogues

Tarefas do 4 ao 8 de maio

Bos días familias,

que tal estades? Agardamos que todo vaia ben. 

Aquí vos deixamos as propostas de tarefas para esta semana. Intentamos non sobrecargarvos de traballo, polo que as materias incluídas na área de educación artística (plástica e música) tamén iran alternas cada semana. 

Agradecémosvos e recordámosvos que é importante e necesario que en primaria mandedes as tarefas dos vosos fillos aos correos facilitados nos pdf correspondentes (1º e 2º ao ceipcarmengarciacarrasco@gmail.com) (4º, 5º e 6º ao correo citado no pdf das tarefas). 

De igual forma animámosvos de novo a enviarnos fotos e/ou vídeos  dos nenos e nenas para montar con eles un vídeo para facerlle chegar ao alumnado. 

Unha aperta forte!

- Educación infantil

- 1º primaria

- 2º primaria

- Plástica

-4º primaria      (Ficha 4º: A prehistoria)

-5º primaria

-6º primaria

-Educación Física

- Inglés todos os cursos

- Relixión

- Valores  para Infantil e Primaria, esta actividade é aberta para todo o alumnado. 

 

Tarefas semana do 27 ao 30 de abril

Bos días familias,

que tal estades? Agardamos que esteades todos ben e que pouquiño a pouco as cousas vaian mellor. 

Aquí vos deixamos as propostas de tarefa para esta semana, ata o xoves, xa que o venres é festivo. 

É importante que o alumnado de primaria nos mandedes aos correos que figuran nos documentos fotos do traballo dos nenos e nenas, para que nós teñamos constancia de que están facendo as tarefas. Nos pdf vanvos os correos aos que debedes mandalos a finais de semana. 

Ademais, para esta semana ímosvos a pedir dúas cousas. 

1. Que os que queirades nos mandedes por correo electrónico (ceipcarmengarciacarrasco@gmail.com) ou por facebook, ou teléfono... fotos (5 como máximo) e/ou vídeos dos vosos fillos e fillas para con elas montar un vídeo e que o alumnado se poida ver entre eles. 

2. Que os nenos e nenas que lles apeteza se animen e participen nesta proposta que aquí vos deixamos na que terán que construír un semilleiro . Na imaxe vanvos algunhas propostas. Por suposto agradecemos tamén que nos enviedes fotos para poder montar con ela algo e que vexan as do resto. 

 

Tarefas por cursos e proposta actividade

- Infantil

- 1º primaria

- 2º primaria

- Música

- Semilleiro

-Inglés para toda primaria 

-4º primaria

-5º primaria

-6º primaria

Para as actividades de Educación Física desta semana será necesaria a colaboración dos pais. Os seguintes documentos que se adxuntan a continuación só poderán ser lidos polos adultos, xa que aparecen claves "secretas" dos xogos.

-Educaicón Física Infantil, 1º e 2º

-Educación Física 4º, 5º e 6º

  

Día do libro

Hoxe, 23 de abril, conmemórase o día do libro, pero desta vez é algo diferente porque non se regalan rosas, non hai postos de libros nas rúas, nin podemos celebralo no cole. 

Aínda así, dende Biblioteca compartímosvos un conto dunha maga que seguro vos soará! Velaquí vos deixamos o enlace https://www.youtube.com/watch?v=2wUerrvZ_gE

Unha aperta grande

Tarefas semana do 20 ao 24 de abril

Bos días!!

Como estades? As profes esperamos que esteades ben e cheos de enerxía!

E os traballiños, como os levades? Aquí vos deixamos as propostas para esta semana. Calquera cousiña non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través de abalar, o correo do colexio, as redes sociais do colexio, teléfono...

Tendes os documentos tamén en adxuntos, igual que o outro día, por se vos é máis cómodo.

Unha aperta moi forte!

Educación Infantil

1º de primaria: galego e naturais (solucións)

2º de primaria: galego e naturais (solucións)

Música (solucións)

4º de primaria: exercicios e solucións

5º de primaria: exercicios e solucións

6º de primaria: exercicios e solucións

Educación Física

1º y 2º Lengua Castellana

1º y 2º Matemáticas

1º y 2º Sociais

Inglés: 1º,2º, 4º, 5º y 6º

 

 

Biblioteca móbil

En colaboración co Concello de Cenlle, dende o colexio puxemos en marcha unha biblioteca móbil para a chegar a lectura aos máis pequenos e pequenas nestes momentos.

Para evitar a manipulación dos libros, deixámosvos aquí a lista dos libros que se incluíron nas caixas co fin de que, se alguén o solicita, xa saiba os libros que hai e cales quere. Podedes descargala tamén no ficheiro adxunto.
Calquera cousiña non dubidedes en poñervos en contacto con nós ou co Concello.

Tarefas semana do 14 ao 17 de abril

Bo dia! As profes agardamos que esteades ben e que comecedes este trimestre con enerxía e ganas, que pouquiño a pouco seguro que imos superando a situación. 

Encantaríanos poder estar con vós no cole, pero incluso dende a distancia estamos con vós! 

Aquí vos deixamos as tarefas para esta semana. Clicade no voso curso para velas!

Unha aperta, as vosas profes!

Educación infantil

1º de primaria: lingua e ciencias da natureza, (respostas)

2º de primaria: lingua e ciencias da natureza,  (respostas)

Música, (respostas)

4º de primaria, (respostas)

5º de primaria, (respostas)

6º de primaria, (respostas)

Educación Física

1º y 2º Lengua Castellana

1º y 2º Matemáticas

1º y 2º Sociais

Inglés: 1º,2º, 4º, 5º y 6º

Información relativa á segunda avaliación

Estimadas familias, 

tendes aquí INFORMACIÓN RELATIVA Á SEGUNDA AVALIACIÓN. É importante, así que olládea en canto poidades!

Agardo que esteades ben. Coidádevos moito!

Tarefas para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Queridas familias,

deixámosvos nesta entrada as tarefas para esta semana do 30 ao 3 de abril, a última do segundo trimestre. 

Aproveito para comunicarvos que o venres publicaremos as notas, que vos chegarán pola aplicación Abalar, por iso vos animamos a descargala. Non obstante, ás familias que aínda non o tendes faránsevos chegar por outros medios. 

Aproveito tamén para felicitarvos polo traballo que estades levando e pola carga a maiores que esta situación implica. Dende o cole queremos darvos ánimos e desexarvos que vos coidedes moito, que recarguedes pilas e que afrontedes a semana con máis gañas que nunca! Os ventos será propios, seguro!

- 3 e 4 anos, versión para imprimir

- 3 e 4 anos, versión para os que non teñen impresora

- 5 anos, versión para imprimir

- 5 anos, versión para os que non teñen impresora

- 5 anos repaso de lectura

- 1º e 2º primaria, Lingua Galega e Ciencias da Natureza

- Educación Física

- 1º primaria Lengua Castellana

- 2º primaria Lengua Castellana

- 1º Matemáticas

 - 2º Matemáticas

Plástica primaria e infantil

 - Aula Maiores

- 1º Sociais

- 2º Sociais 

Magosto 2019

O pasado venres celebramos o MAGOSTO no cole, no que non faltaron bolos preñados, xogos populares en equipos e en conxunto, fogueira, castañas e un xantar compartido no patio! Ademais, recibimos a visita de Telemiño que nos grabou unha reportaxe que compartiremos tan pronto a teñan subida na web! 

Ata o ano que vén, San Martiño!

Podedes ver moitas máis fotiños na galería da nosa web, fai clic AQUI

Maquetas sobre os ecosistemas

O noso alumnado máis maior elaborou, en colaboración coas súas familias e coa súa titora, o ecosistema que cadaquén libremente escolleu. 

E así lles quedou o resultado, agora exposto no corredor central do centro para que o resto da comunidade educativa poidamos desfrutar deles. Podedes ver máis fotiños na nosa galería (clicando na parte superior dereita desta páxina web). 

Distribuir contido


by Dr. Radut