Estimadas familias:
Comezamos o mes de maio! Como estades? Esperamos que sigades todos e todas moi ben!
A continuación deixamos os arquivos coas tarefas de repaso, reforzo e ampliación do aprendido para esta semana: do 5 ao 10 de maio .
Os arquivos están organizados como as semanas anteriores, por etapas: infantil e primaria e por especialistas: inglés, educación física, música e relixión. Lede con atención as tarefas propostas, e se tedes algunha dúbida podedes preguntar polo abalarMóbil ou a través dos correos electrónicos tanto aos titores/as como aos especialistas.
Dende o cole somos conscientes do gran esforzo que estades a facer cada día o alumnado e as familias e vos felicitamos unha vez máis polo voso traballo. Se algo non o poden facer ou non lles da tempo, non pasa nada, con calma.
Seguide así que xa queda menos para vernos! Unha aperta moi grande de parte do claustro de Mestres/as.