Skip to Content

Recordatorio principio de curso

Bo día, 

 

Lémbrase as familias que durante os vindeiros días (do 2 ao 10 de setembro) se deberán solucionar os posibles trámites faltantes, se non se fixeron xa durante os meses de xuño e xullo. Posibles trámites:

 

- Presentar solicitude do comedor escolar.

- Presentar solicitude de colaboración do comedor escolar, só aquelas persoas que queran ser colaboradoras durante o curso escolar 2024/2025. 

- Recoller cheques dos vales de libros e/ou material (fondolibros).

 

Moitas grazas pola vosa atención.

O equipo directivo. 

CEIP CANOSA-RUS, CORISTANCO

.

Benvidos ao espazo web do CEIP Canosa-Rus de Coristanco.

LOCALIZACIÓN E TELÉFONOS DE CONTACTO

TELÉFONOS DE CONTACTO:

881 880 382 (Xeral)

881 880 380 (Departamento de Orientación)

881 880 383 (Sala de titoría)

881 880 381 (Dirección)

 https://goo.gl/maps/4WvG4EApFPLjrKv8A

Menú do comedor mes de setembro

REUNIÓN INICIO DE CURSO 4º EDUCACIÓN INFANTIL

A reunión de inicio de curso de 4º de Educación Infantil coa titora deste grupo, será o martes 10 de setembro ás 10 horas

RECOLLIDA LIBROS DE TEXTO FONDOLIBROS

A entrega dos libros de texto ás familias beneficiarias de FondoLibros  (3º EP, 4º EP, 5º EP e 6º de EP) farase o martes 10 de setembro de 11:00 a 13:00 horas no patio cuberto dianteiro.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

O horario de atención ao público da semana do 2 ao 6 de setembro é o seguinte:

Luns: de 11:30 a 13:00 horas.

De martes a venres: de 9:30 a 12:30 horas.

INICIO CLASES CURSO 2024-2025

As clases do curso 2024-2025 comezan o día 11 de setembro no horario de 9:30 a 14:30 horas. O servizo de comedor escolar é de 14:30 a 15:30 horas.

En outubro, comeza a xornada partida co horario de 9:30 a 16:15 horas, sendo o servizo de comedor de 12:50 a 14:35 horas. Como excepción, os xoves o horario é de 9:30 a 15:40 horas e o servizo de comedor de 12:30 a 14:00 horas. 

Orde de calendario escolar

Xa está publicada na páxina da Consellería a Orde de calendario escolar para o curso 2024-2025. Adxuntamos dita documentación nesta publicación. 

INSTRUCIÓN CONXUNTA 1/2024 - TRANSPORTE ESCOLAR

Xa está publicada na páxina da Consellería a instrución de transporte escolar. Adxuntamos dita instrución nesta publicación. 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

Listaxe de libros de texto para o curso 2024-2025.

Lémbrase que en todos os cursos haberá que comprar o libro de inglés (Activity Book). No caso de Educación Infantil "Daisy, Robin & Me" - Class Book Pack.

Nos casos das familias, de 3º a 6º de Educación Primaria, ás que lle corresponden 4 libros do "fondolibros", os dous que terán que adquirir son os relacionados coas materias de Ciencias Sociais e Cienciais Naturais. 

Datas fondolibros

AUTORIZACIÓN RECOLLIDA DOCUMENTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut