Skip to Content

Libros de texto. Curso 2023-2024

Estimadas familias: Xa está dispoñible a lista de libros para o curso que vén. Un saúdo. O equipo directivo. 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-2024

Prazo de presentación de solicitudes:

 Do 20 ao de 30 de xuño (ambos os dous incluídos), en horario de atención ao público.

 HORARIO DE ATENCIÓN DO 22 AO 29 DE XUÑO (INCLUÍDOS). 

 DE LUNS A XOVES de 9:30h a 12:00h

HORARIO DE ATENCIÓN DO 30 DE XUÑO.

Transporte de escolares - Curso: 2023-2024

Estimadas familias: Xa está publicada a Instrución conxunta 1/2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestuturas e Mobilidade, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2023-2024. Podedes consultar o documento íntegro no adxunto. Un saúdo. O equipo directivo. 

Menú de Xuño

Estimadas familias: Aquí vos deixamos o último menú deste curso escolar 2022-2023, correspondente ao mes de Xuño. Esperamos que vos guste. Un saúdo.

Calendario escolar 2023-2024

Estimadas familias: Xa está publicada a Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023-2024 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Dispoñedes do documento íntegro no adxunto. Un saúdo. O equipo directivo. 

Cursos intensivos de natación - Verán 2023

Estimadas familias: A A.D. Fogar da Xuventude de Carballo realizará cursos intensivos de natación de verán durante os meses de xuño e xullo. Estes cursos están dirixidos a nenas e nenos de 4 a 10 anos. Podedes acceder a máis información neste enlace http://www.adfogar.com/blog/escola-de-natacion-triatlon-e-atletismo/curs.... Un saúdo. O equipo directivo. 

Escolas de Balonmán Xiria - Verán 2023

Estimadas familias: As Escolas de Balonmán Xiria de Carballo levarán a cabo a 30ª edición das Escolas de Verán Xiria. O campamento terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Fogar de Carballo. As actividades desenvolveranse en horario de mañá e están orientadas a nenas e nenos das etapas de Educación Infantil e Educación Primaria. As actividades que propoñen son unha alternativa para o tempo libre da época estival onde as nenas e nenos poderán desfrutar facendo deporte, realizando obradoiros, participando en xogos e festas temáticas, asistindo a saídas e descubrir novas amizades. Na páxina web: http://www.balonmanxiria.com/escolasdeveran/ podedes obter máis información e tramitar as inscricións. Un saúdo. O equipo directivo.

Campamento deportivos de verán 2023

Estimadas familias: Deixamos no arquivo adxunto a información sobre os campamentos deportivos de verán 2023 que organiza a Deputación da Coruña e que se desenvolverán do 2 ao 28 de xullo. No documento figura a información completa referente ao lugar onde se van desenvolver as actividades, a duración, a cota de inscrición, as catro quendas que se levarán a cabo e a documentación necesaria para formalizar a inscrición. O prazo límite para anotarse aos campamentos é o mércores, 7 de Xuño. Un saúdo. O equipo directivo. 

Admisión alumnado para o curso: 2023-2024. Listaxes definitivas

Estimadas familias: Todo o alumnado que solicitou praza no proceso de admisión, obtivo praza e figura polo tanto como admitido no centro educativo para o vindeiro curso 2023-2024. As listaxes definitivas de admitidos están publicadas no taboleiro interior do colexio. A formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño. Antes do inicio do proceso de publicarase a documentación necesaria. Un saúdo. O equipo directivo. 

Convocatoria de folga de transporte

Estimadas familias: Ante a convocatoria de folga no sector do transporte de viaxeiros por estrada a partir do 8 de maio inclusive, informamos da posibilidade de que os servizos que habitualmente se prestan de transporte escolar, non poidan prestarse ou non poidan prestarse con normalidade ou na súa totalidade, polo motivo indicado, alleo á nosa vontade. Un saúdo. O equipo directivo. 

Becas e axudas para o alumnado NEAE para o curso 2023-2024

Estimadas familias: Este luns, 8 de maio ábrese o prazo para solicitar as becas no Ministerio de Educaión e Formación Profesional para alumnado NEAE para o próximo curso: 2023-2024. O prazo para a presentación de solicitudes é desde o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023. Deixamos no adxunto o texto completo da convocatoria. Un saúdo. O equipo directivo. 

Días non lectivos durante o mes de Maio

Estimadas familias: Informamos que os vindeiros días 17 e 19 de Maio non son lectivos no noso centro educativo. O día 17 de maio é festivo autonómico con motivo da celebración do "Día das Letras Galegas" e o día 19 de Maio é festivo local no Concello de Coristanco. O día 18 teremos clase. Un saúdo. O equipo directivo. 

Admisión de alumnado. Curso: 2023-2024. Listaxes provisionais

Estimadas familias: Informamos que todo o alumnado que solicitou reserva de praza no centro foi admitido na resolución provisional. Poden consultar as listaxes no taboleiro interior que hai na entrada do colexio. Un saúdo. O equipo directivo. 

Menú de Maio

Estimadas familias: Deixamos o menú do mes de maio no que tamén poderemos gozar do menú especial de fin de mes. Agardamos que vos guste. Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut