Skip to Content

Estrea do documental "Coa terra nas mans"

Estimadas familias: Hoxe tivo lugar a estrea do documental "Coa terra nas mans" (elaborado pola produtora Tex 45 coa colaboración do Concello de Coristanco e a Deputación da Coruña) que se centra no cultivo da pataca, na importancia que tivo para a poboación do Concello de Coristanco e na grande repercusión que acabou obtendo as características deste tubérculo tan habitual na nosa vida diaria. A pataca contribuíu a mellorar a calidade de vida de moitas familias da comarca que fai moitos anos tiñan como principal fonte de ingresos o froito do seu traballo co gando e a agricultura. A día de hoxe a pataca de Coristanco ten un recoñecido prestixio polo seu sabor único e característico e a súa propia festa no mes de setembro. Para poder ver o documental completo e outros materiais só necesitades acceder á páxina: www.coaterranasmans.com. Un saúdo. O equipo directivo. 

Menú de xaneiro

O 2023 está a piques de chegar e aquí vos deixamos o menú do primeiro mes do novo ano. Esperamos que vos guste!

Boas Festas!

Estimadas familias: Hoxe finalizamos o primeiro trimestre deste curso e agora toca descansar un pouco e agardar a que comece un novo ano cheo de novos plans, ilusións e moita felicidade. As clases empezan de novo o luns, 9 de xaneiro. Felices Festas! Un saúdo. O equipo directivo.

"Coa terra nas mans" - Documental sobre a pataca de Coristanco

Estimadas familias: A produtora de televisión Tex45 Producións está a desenvolver un documental chamado "Coa terra nas mans" sobre a pataca de Cosirtanco, en colaboración co Concello de Coristanco e a Deputación da Coruña. Todas aquelas familias que estean interesadas en colaborar co documental poderán facelo de distintos xeitos e achegando diferentes tipos de documentos: fotos antigas da vida no rural e da "Festa da Pataca", ilustracións creativas sobre o "Mundo da pataca", textos explicativos relacionados co tubérculo, os traballos que leva consigo o seu cultivo, se nos domicilios do alumnado ou familiares se dedican a cultivar a pataca, debuxos sobre o traballo no rural e as súas peculiariedades e costumes... Textos que recollan lembranzas curiosas sobre a pataca, a súa festa conmemorativa, as posibilidades que ofrece o tubérculo para formar parte de infinitos pratos que forman parte do menú habitual de moitos galegos e galegas e, por suposto, dos visitantes que se achegan a Galicia a degustar os exquisitos pratos cos que nos agasallan os numerosos locais dedicados á gastronomía que se espallan por todo o territorio.

Campaña Neve 2023

Estimadas familias: A Deputación da Coruña organiza a Campaña Neve destinada a rapazas e rapaces de entre 11 e 15 anos inclusive cumpridos a 31-12-2022. Ao Concello de Coristanco fóronlle concedidas 5 prazas para participar nesta campaña. Deixamos nos documentos adxuntos a información sobre a campaña e o modelo de folla de inscrición para que no caso de que sexa do voso interese poidades realizar as xestións. Un saúdo. O equipo directivo. 

Menú de decembro

Dentro dunhas semanas imos poder gozar duns días de merecido descanso pero ata que chegue ese momento, aquí vos deixamos o menú de decembro. Esperamos que vos guste!

Luns, 5 de decembro - Día non lectivo

Estimadas familias: O vindeiro luns día 5 de decembro é non lectivo no noso centro, polo tanto non haberá clases. Un saúdo. O equipo directivo.

Renovación parcial do Consello Escolar. Curso: 2022-2023

Estimadas familias: Tal e como se aparece recollido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de elección de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos; este curso 2022:2023 corresponde realizar a renovación parcial do Consello Escolar. Nos adxuntos figura a circular informativa que se distribuíu entre o alumnado do centro e o modelo para a presentación de candidaturas de nais e pais. Un saúdo. O equipo directivo.

Axudas escolarización. Concello de Coristanco. Curso: 2022-2023

Estimadas familias: O Concello de Coristanco comunicou ao centro educativo que saíron publicadas as bases reguladoras das axudas para a escolarización de menores para o curso 2022-2023 que poderán beneficiar a escolares que cursen estudos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria nos centros de ensino público no termo municipal de Coristanco.

 

REQUISITOS:

-O menor debe estar empadroado no Concello de Coristanco.

-Non se debe superar o límite de ingresos (consultar bases, terceiro punto)

 

PRAZO DE SOLICITUDE

Menú de novembro

O menú de novembro do comedor vén acompañado dunha canción tradicional sobre as castañas que é un froito que nos acompaña nesta época do ano e que ben merece formar parte dos menús nos nosos fogares. Esperamos que vos guste. Un saúdo.

Vales de material - Novas axudas

Estimadas familias: A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesioanl e Universidades publicou no DOGA nº 196, do venres 14 de outubro de 2022 a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde de 29 de abril de 2022. Podedes consultar o documento completo no adxunto. Para poder retirar os vales das axudas é necesario que se persoen no colexio os pais/nais/titores dos/das alumnos/as beneficiarios/as e no caso de non poder vir ningún dos proxenitores poderán autorizar a outra persoa indicando no texto da autorización que debe entregar no centro: o nome completo, o DNI e a relación coa persoa autorizada. Os vales para material entregaranse nas horas de atención ao público de Xefatura e de Secretaría. Seguindo as instrucións da Consellería NON se emitirán duplicados dos vales e deberán ser empregados, preferentemente, antes do 1 de decembro de 2022. Un saúdo. O equipo directivo. 

Menú de outubro

Damos a benvida ao outono e achegamos o menú do comedor correspondente ao mes de outubro. Esperamos que vos guste!! Un saúdo. 

Horario do centro - Xornada partida

Estimadas familias: Informamos de que finalmente o horario do noso colexio non cambia durante a xornada partida e seguirá a ser como nos cursos anteriores. A hora de saída será ás 16:15hs tódolos días agás os xoves que será ás 15:40hs. En caso de que se produza algún cambio seredes informadas. Este luns, 3 de outubro o horario de saída será ás 16:15hs. O resto dos días da semana tamén sairemos ás 16:15hs agás o xoves que será ás 15:40hs. Desculpade as molestias. Un saúdo. O equipo directivo. 

Escola de nais e pais - Asociación Vieiro

Estimadas familias: A Asociación Vieiro pon en marcha, un curso máis, dentro do programa de Prevención no ámbito familiar, o programa “Pais e Nais no océano educativo” destinado a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar, que desexen informarse á hora de desempeñar a súa labor como educadores/as. É un programa gratuíto ao que podedes acceder previa inscrición e que está impartido por educadoras e psicólogas de Vieiro que buscarán dar as ferramentas axeitadas. Dispoñedes de máis información no documento adxunto. Un saúdo. O equipo directivo. 

Horario do centro - Xornada partida

Estimadas familias: a partir do vindeiro luns, 3 de outubro o noso centro educativo pasará a ter a xornada partida ao igual que o curso pasado ata o 31 de maio. As clases rematarán tódolos días ás 16:15hs agás os luns que acabaremos ás 15:40hs. O cambio de horario dos luns débese a que no IES Isidro Parga Pondal as clases que durante os cursos pasados tiñan os xoves pola tarde (de aí que o xoves fose o día diferente no colexio) este curso pasarán a ser os luns. É necesario que o próximo luns esteades moi pendentes de que o primeiro día no que imos ter xornada partida xa é o día no que temos o horario distinto ao resto dos días da semana e deberedes telo en conta para a recollida do alumnado tanto no caso dos peóns como no caso dos que son usuarios de transporte. Un saúdo. O equipo directivo.  

Distribuir contido


by Dr. Radut