Skip to Content

PERSOAL COLABORADOR COMEDOR ESCOLAR 2024-2025

O prazo para presentar as solicitudes de colaboración no comedor escolar durante o curso 2024-2025, está aberto ata o 22 de decembro de 2024.

As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude correspondente acompañada da documentación necesaria que se detalla no arquivo adxunto. Esta documentación ten que ser entregada no centro educativo.

Horario no que se desenvolverán as funcións de colaborador de comedor escolar durante o curso, e polo tanto é imprescindible estar dispoñible: setembro e xuño (14:20-15:35); outubro a maio (12:40-14:35, xoves 12:20-14:00).

Solicitude de comedor para o curso 2024-2025

Estimadas familias: saíu publicada a Instrución 1/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Cultura, Formación Profesional e Universidades, do 1 de Xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2023-2024. Nos arquivos adxuntos deixamos o documento completo e o modelo de solicitude.

Podedes entregar no centro a solicitude e o Modelo de Autodeclaración e Especificacións cubertos, en horario de atención ao público. Por favor, cubride os documentos con letras maiúsculas e con tinta azul e lembrade que é imprescindible que figuren todas as sinaturas necesarias en cada unha das solicitudes para poder ser tramitadas. Un saúdo. O equipo directivo. 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

Prazo de presentación de solicitudes:

Do 20 ao de 30 de xuño (ambos os dous incluídos), en horario de atención ao público.

HORARIO DE ATENCIÓN DO 20 E 21 DE XUÑO

XOVES E VENRES de 9:30 a 10:20 e de 13:00 a 14:30.

HORARIO DE ATENCIÓN DO 25 AO 27 DE XUÑO (INCLUÍDOS). 

Menú comedor xuño

Última para do curso para o comedor escolar. Que aproveite!

Menú comedor maio

Saltamos de país en país e de menú en menú. Que aproveite! 

BECAS NEAE 2024-2025

Xa está publicada no BOE a Resolución pola que se convocan as axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024-2025 (BECAS NEAE). O prazo para solicitalas é dende o 30 de abril ata o 13 de setembro, ambos inclusive.

A solicitude debe cumprimentarse de forma telemática mediante o formulario accesible nas direccións www.educacionyfp.gob.eshttps://sede.educacion.gob.es .

 

Menú comedor abril

Saltamos de país en país e de menú en menú. Que aproveite! 

Admisión de alumnado. Curso: 2024-2025. Listaxes provisionais

Estimadas familias: Informamos que todo o alumnado que solicitou a admisión de praza no centro foi admitido na resolución provisional. Poden consultar as listaxes no taboleiro interior que hai na entrada do colexio. Un saúdo. O equipo directivo.

AVALIACIÓNS DE DIAGNÓSTICO 2023-2024

Pincha na seguinte imaxe para obter información das avaliacións de diagnóstico 2023-2024.

CEIP de Laredo

ENQUISAS - EDUCACIÓN MATEMÁTICA NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA (1º E 2º EP)

A investigación é fundamental para a innovación e para dar unha resposta educativa acorde ás necesidades actuais e reais. Por iso, dende o CEIP Canosa-Rus queremos colaborar co Traballo de Fin de Grao que está a desenvolver Fátima Cambre Lamas, estudante do Grao de Educación Primaria da Universidade da Coruña. O TFG trata sobre a Educación Matemática na etapa de Educación Primaria e para levar a cabo esta investigación está realizando unhas enquisas para os distintos colectivos da comunidade educativa.

A continuación podedes acceder ás enquisas (ANÓNIMAS) que ván destinadas ás familias, ao alumnado e aos docentes. Agradecemos de antemán a colaboración.

ENQUISA DOCENTES

ENQUISA FAMILIAS

 

 

 

Menú de comedor do mes de marzo

Saltamos de país en país e de menú en menú. Que aproveite! 

Admisión alumnado. Curso 2024-2025

Estimadas familias: Este mércores, 1 de marzo, empeza o prazo para xestionar o proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025. Deixamos a información nos documentos adxuntos. O horario da secretaría será o seguinte:

 

 

Fóra de este horario non se poderá garantir a asistencia á hora de recoller ou cubrir os formularios.

 

Semana do MECO

Distribuir contido


by Dr. Radut