Skip to Content

Horario do centro - Xornada partida

Estimadas familias: a partir do vindeiro luns, 3 de outubro o noso centro educativo pasará a ter a xornada partida ao igual que o curso pasado ata o 31 de maio. As clases rematarán tódolos días ás 16:15hs agás os luns que acabaremos ás 15:40hs. O cambio de horario dos luns débese a que no IES Isidro Parga Pondal as clases que durante os cursos pasados tiñan os xoves pola tarde (de aí que o xoves fose o día diferente no colexio) este curso pasarán a ser os luns. É necesario que o próximo luns esteades moi pendentes de que o primeiro día no que imos ter xornada partida xa é o día no que temos o horario distinto ao resto dos días da semana e deberedes telo en conta para a recollida do alumnado tanto no caso dos peóns como no caso dos que son usuarios de transporte. Un saúdo. O equipo directivo.  

Días non lectivos. Curso: 2022-2023

Estimadas familias: No calendario escolar que figura publicado nesta web con data 6 de xuño de 2022 podedes acceder á información relativa aos períodos de vacacións e días non lectivos deste curso 2022-2023. A continuación indicamos un pequeno resumo:

Período de vacacións de Nadal: do 23 de decembro ao 6 de xaneiro, ambos inclusive.

Período de vacacións de Entroido: 20,21 e 22 de febreiro.

Período de vacacións de Semana Santa:  do 3 ao 10 de abril, ambos inclusive.

Festivos locais do Concello de Coristanco para o ano 2023: martes de entroido (día 21 de febreiro) e venres, 19 de maio.

Día do ensino a nivel autonómico coa consideración de non lectivo: 31 de outubro.

Curriculum de Educación Infantil

Estimadas familias: Este venres, 9 de setembro publicouse o Curriculum de Educación Infantil que se recolle no Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. O documento completo figura no arquivo adxunto. Un saúdo. O equipo directivo. 

Menú de setembro

Estimadas familias: Mañá empezamos as clases e ponse en marcha o servizo de comedor deste novo curso con moita ilusión e algúns cambios que descubriremos mañá. Deixamos o menú de setembro no adxunto. Un saúdo. 

Entrega de libros - FONDOLIBROS

Estimadas familias: A entrega de libros de Fondolibros a aquelas familias que lles corresponde ser beneficiarias do programa realizarase este mércores, día 7 de setembro de 10:30hs a 13:00hs. Aquelas familias que aínda non recolleran os cheques de axudas para libros e/ou material poderán facelo en conserxería nese mesmo tramo horario. Un saúdo. O equipo directivo.

Colaboradores de comedor. Curso: 2022-2023

Estimadas familias: Todas aquelas persoas que estean interesadas en colaborar no comedor escolar durante este curso 2022-2023 poden presentar a solicitude no centro. O prazo para presentala xa se comunicou a través da web do centro que se iniciaba a principios de xullo pero necesitamos que se hai máis persoas que queiran desempeñar as funcións de colaboración co comedor que este martes, 6 de setembro acheguen ao centro ou ben a través do correo electrónico a solicitude debidamente cuberta e asinada. O modelo de solicitude a cubrir está dispoñible para poder descargar na páxina web. Moitas grazas. Un saúdo. O equipo directivo.

Entrega de libros correspondentes ao programa de FONDOLIBROS

Estimadas familias: A entrega de libros a aquelas familias ás que lles corresponde que o centro educativo lle preste os libros de texto farase tan pronto dispoñamos de todos os libros no colexio. Estamos á espera de que as editoriais proporcionen todos os libros que se mercaron pero, de momento non foi posible rematar de preparar os lotes de libros para que poidades pasar polo centro a recollelos. No momento no que teñamos todo listo para realizar a entrega, informaremos a través da páxina web o día e o horario no que se vai poder asistir ao centro para a recollida. Un saúdo. O equipo directivo. 

Horario de clases durante o mes de setembro.

Estimadas familias: O horario lectivo durante o mes de setembro é de 09:30hs a 14:30hs. De 14:30hs a 15:30hs será o tempo de comedor para todos aqueles que queiran facer uso do mesmo. Se algunha familia non quere facer uso do comedor durante o mes de setembro, deberá comunicalo ao correo do colexio coa maior antelación posible para poder organizar de forma óptima o servizo tendo en conta o número de comensais previstos. Lembramos que non se permite a entrada de alumnado do centro antes das 09:10hs. A partir de outubro o horario lectivo do noso centro será distinto do que tamén informaremos no seu momento. Un saúdo. O equipo directivo.

Transporte escolar. Curso: 2022-2023

Estimadas familias: Este venres, 2 de setembro publicouse a Addenda á Instrucións conxunta 1/2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, sobre a xestión do Servizo de transporte de escolares no curso escolar 2022-2023. Deixamos no adxunto o documento co texto íntegro. Un saúdo. O equipo directivo.

Proxecto de Xestión Integral de Residuos

Estimadas familias: Durante este curso 2021-2022 levamos a cabo un proxecto de xestión integral de residuos no noso centro. Nos corredores de cada un dos andares hai contedores grandes amarelos e azuis que empregamos para depositar o papel e cartón que xeramos durante a nosa actividade diaria e tamén os envases. Contamos tamén cun pequeno contedor de pilas e baterías que despois se incorpora ás que se recollen na entrada do colexio, posto que somos un dos puntos de recollida de pilas e baterías do Concello de Coristanco que se encarga de xestionar a recollida periódica deste tipo de residuos que tanto contamina.

Plan Dixital

Estimadas familias: Durante este curso 2021-2022, un grupo de mestras do centro elaborou o Plan Dixital. O plan foi aprobado na reunión de Consello Escolar realizada con data 30-06-2022. Adxuntamos o documento para que poidades consultalo. Un saúdo. O equipo directivo.  

Horario de atención ao público

Estimadas familias:

Hoxe  remata o horario de atención ao público, tanto de xeito presencial como telefónico e telemático.

Todas as familias que teñan trámites pendentes, deberán xestionalos a partir do 1 de setembro no horario de atención, que se publicará nesta mesma páxina web.

Un saúdo.

O equipo directivo

Colaboradores de comedor para o curso: 2022-2023

Estimadas familias: Tal e como se recolle na instrución 2/2022, de comedores escolares aquelas persoas interesadas en realizar as tarefas de colaborador de comedor deberán facer constar o seu interese cubrindo o anexo III que está a disposición do centro educativo. Deixamos no adxunto o modelo. Pódese enviar a solicitude cuberta ao enderezo electrónico do centro. Un saúdo. O equipo directivo.

Listaxe definitiva de admitidos de Fondolibros. Curso: 2022-2023

Estimadas familias: Xa está publicada no taboleiro de conserxería a listaxe definitiva de admitidos e excluídos de Fondolibros. Os beneficiarios de vales para libros e/ ou material, xa están dispoñibles para ser recollidos polas familias os días: 12, 13 e 14 de xullo, en horario de 10:00h a 13:00hsIMPORTANTENo caso de que a persoa que veña recoller os vales non sexa nai/pai/titor/titora legal do alumno ou familiares directos, deberán traer unha autorización por escrito da familia indicando os datos identificativos da persoa autorizada.

Historiais académicos - 6º curso de Educación Primaria

Estimadas familias: Xa están dispoñibles no centro os historiais académicos do alumnado de 6º de Educación Primaria. As familias poden pasar a recollelos, pero no caso de que a persoa que veña non sexa nai/pai/titor/titora legal do alumno ou familiares directos, deberán traer unha autorización por escrito da familia indicando os datos identificativos da persoa autorizada.

Días para a recollida: 7, 11, 12, 13, e 14  de xullo en horario de 10:00hs a 13:00hs.

Un saúdo. O equipo directivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut