Plambe

Entroido 2015

Como todos e todas sabedes, no cole estamos co proxecto "Arredor dos muíños".

Coa presentación deste Proxecto vimos de ser seleccionados como novo centro PLAMBE, o que supón moitas melloras que xa estades vendo na Biblioteca.

Este ano o Entroido no Cabada Vázquez está directamente vinculado cos MUÍÑOS.

Representamos o PROCESO DE ELABORACIÓN DO PAN.

imaxe comanda venres 

Recomendación lectoras Nadal 2014

No arquivo adxunto están as recomendacións lectoras do Nadal de 2014.

Ou preme aquí para velas.

Esta guía foi elaborada conxuntamente polos centros PLAMBE do Concello de A Estrada.

 

BENVIDA AO BLOG DA BIBLIOTECA DO CABADA VÁZQUEZ

Ola, son LIATANTOSCONTOS a mascota da Biblio do CEIP Cabada Vázquez e quero darvos a BENVIDA a este novo espazo dixital a todos e todas.

mascota biblioteca liatantoscontos

Comezamos esta andaina na web a partir dun curso que estamos facendo os mestres e mestras do cole cun proxecto de formación no centro (PFPP).

Este xa é o segundo ano neste proxecto no que participamos todo o claustro. Os "profes" están moi contentos/as porque agora comézase a ver o traballo que veñen desenvolvendo dendo hai dous ou tres cursos.

Powered by Drupal - Design by artinet