Skip to Content

Escolas Verán Xiria 2023

Bo día.

Achegamos información sobre a 30ª edición das Escolas de Verán Xiria.

 O campamento terán lugar os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Fogar de Carballo. As actividades desenvolveranse en horario de mañá e está orientado a nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria. Unha alternativa para o tempo libre da época estival onde as nenas e nenos poderán desfrutar de novas amizades, deporte, obradoiros, festas temáticas, saídas, xogos e moito máis.

 Máis info e inscricións na páxina web de Escolas Balonmán Xiria:

https://www.balonmanxiria.com/escolasdeveran/

 Moitas gracias!

 Un saúdo,

 Jessica Posse Díaz Responsable de Operacións de Escolas Balonmán Xiria

609 560 955

 

 

 

 

 

 

VISITA DO ALUMNADO DE 5º DE E.P. AO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

O pasado 5 de maio o alumnado de 5º de E.P. realizou unha visita ao CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña). Entre as actividades desenvolvidas previas a esta visita fixeron unha presentación contando como é o noso centro para que a visen os nenos e nenas da Coruña.

Premede AQUÍ para ver a presentación.

Pola súa parte, no blog da biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán publicaron unha entrada comentando a visita do alumnado do CEIP Bergantiños.

Se premedes AQUÍ podedes entrar no blogue da biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023-2024

Bo día.

Seguindo a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso académico 2023-2024 (Decreto 13/2022, de 3 de febreiro e Orde do 12 de marzo de 2013), no día de hoxe publicamos no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnos e alumnas admitidos/as.

 

Foron admitidas todas as solicitudes presentadas, en prazo.

 

Así mesmo, produciuse unha renuncia dunha solicitude para 3º de EP.

 

Existen 6 solicitudes que se presentaron fóra de prazo (despois do 20 de marzo de 2023).

 

Estas non aparecen na listaxe definitiva. Nestes casos concretos, será a Comisión de Escolarización a que resolva ditas solicitudes; non depende do centro educativo.

 

Recordamos que o prazo para formalizar a matrícula do alumnado admitido vai do20 ao 30 de xuño de 2023.

 

As familias que xa tedes aos voso fillos e fillas matriculados no centro non debedes de realizar NINGÚN TRÁMITE, en canto á admisión no colexio.

 

Reciban un saúdo cordial,

A dirección do centro.

CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO E PINTURA - Asociación Cultural Lumieira Carballo

A Asociación Cultural LUMIEIRA de Carballo organiza un concurso infantil de Debuxo e pintura para o 17 de Maio, dia das Letras Galegas, na praza do Concello de Carballo, dende as 11 h ata as 13 h. 

Os galardoados recibirán un lote de libros e poderán participar no sorteo de dúas bicicletas.
 

 

Adxuntamos na publicación o cartaz e as bases do concurso.

BECAS - Aberto o prazo de solicitude para as axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 23/24

BECAS NEAE

A convocatoria para o curso 23/24 publicouse o 26 de abril do 2023 e pódese pedir DENDE O 8 DE MAIO AO 20 DE SETEMBRO DE 2023.

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

- Solicitude cuberta e firmada da beca.

- Fotocopia do DNI da familia.

- Informe médico actualizado.

- Presuposto do gabinete (psicopedagóxico, logopédico e/ou psicolóxico) ao que acudirá o alumno/a.

 

ONDE PRESENTAR A SOLICITUDE?

Todo o proceso de solicitude da beca realízase pola Sede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez cuberto, terás que imprimir o formulario de solicitude (PDF) e presentalo no centro educativo de non ter certificado electrónico.

https://sede.educacion.gob.es/portada.html

 

Tedes toda a información no documento adxunto, o cal foi elaborado pola xefa do Departamento de Orientación do noso centro.

Programa APEGO: U-la lúa?, con A xanela do Maxín - Actividade na Biblioteca Rego da Balsa

INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE:

 

 

 

Programa APEGO: U-la lúa?, con A xanela do Maxín

 

 

 

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
Lúa é unha gata que vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.
Illada do mundo, sen ver máis alá dos muros que rodean o xardín, un día deulle por subir a ese muro. O que viu dende alí deixouna apampada. A tan só unha carreiriña había un parque! Cos seus bambáns e un tobogán enorme. Chegaría nun intre. Era doado… ou iso semellaba.

 


PÚBLICO
Actividade dirixida a nenas e nenos de 6 meses a 3 anos.

 


INSCRICIÓNS
Capacidade limitada, con inscrición TELEFÓNICA previa, desde as 10 da mañá, no 981 75 85 80.

 


ACCESO
Deberanse seguir as indicacións do persoal bibliotecario á hora de ocupar o espazo no que se desenvolverá a actividade.
Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión ás persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.
Actividade ofrecida en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo no marco de Programa Apego.


QUE É O PROGRAMA APEGO?
APEGO é un programa colectivo creado para axudar a socializar en galego aos nenos e nenas desde o nacemento e ata os 6 anos. É un proxecto dos servizos de normalización lingüística de diferentes concellos de Galicia e mais da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Para máis información sobre este programa, chama ao 981 704 100 ext. 2750

 

 

Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Rúa de Bos Aires, s/n

CP 15100 Carballo 

Tlf. 981758580

biblioteca@carballo.gal

 

 

SEMANA DO LIBRO E DA LECTURA

Durante esta semana na Biblioteca Rego da Balsa podedes achegarvos a ver a exposición que elaborou o  Equipo de Biblioteca do noso centro e que se centra na figura do Xestal e nos xogos cos contos e os libros. Aquí tedes unhas fotos nas que podedes ver como quedou a exposición na biblioteca e tamén dos días previos á montaxe, nos que estivo exposta no vestíbulo da escola.

 

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR - Mes de maio de 2023

Boa tarde.

Adxuntamos os menús do comedor escolar do vindeiro mes de maio de 2023.

 

Un saúdo.

A dirección do centro.

 

Estudo Internacional de Tendencias en Matemáticas e Ciencias (TIMSS)- 4º de EP

Estimadas familias,

Dirixímonos a vostedes para informarlles de que este centro educativo foi seleccionado aleatoriamente para participar no Estudo Internacional de Tendencias en Matemáticas e Ciencias (TIMSS polas súas siglas en inglés, Trends in International Mathematics and Science Study), xunto con outros moitos centros de máis de 60 países en todo mundo.

TIMSS é un estudo de investigación educativa dirixido pola Asociación Internacional para a Avaliación do Rendemento Educativo (IEA) e coordinado en España polo Instituto Nacional de Evaluación Educativa (INEE) xunto coas administracións educativas das distintas comunidades autónomas. Este estudo investiga as competencias matemática e científica do alumnado e, actualmente, no noso pais realízase en 4.º curso de educación primaria.

 

No caso de que o seu fillo/a fose seleccionado para participar na mostra aleatoria, a súa participación no estudo non afectará ás súas cualificacións nin ao seu progreso no centro. Dado o deseño do estudo, todos os datos trataranse de maneira confidencial e anónima e non se publicarán resultados individuais que permitan identificar a estudantes ou centros educativos concretos.

 

O alumnado da clase de 4.º curso de educación primaria que resulte seleccionada, completará dúas probas de 36 minutos cada unha e un cuestionario de 30 minutos aproximadamenteAdemais, entregarase un cuestionario en papel a cada alumno/a para que as familias o enchan entreguen ao centro con anterioridade á realización da proba.

 

A utilización dos datos realizarase de conformidade coa Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e o Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos mesmos, incorporado ao ordenamento interno pola Real Decreto-lei 5/2018, do 27 de xullo, de medidas urxentes para a adaptación do Dereito español á normativa da Unión Europea en materia de protección de datos. Así mesmo, terase en conta a Lei 12/1989, do 9 de maio, da Función Estatística Pública, así como a normativa que se deriva das mesmas. Toda a información recollida para o procesamento de datos será anonimizada.

 

Podedes consultar máis información nos arquivos adxuntos a esta publicación.

 

 

En Carballo, a 21 de abril de 2023.

SEMANA DO LIBRO E DA LECTURA - Do 24 ao 28 de abril de 2023

Bo día.

Adxuntamos o cartel e o programa de actividades do Concello de Carballo para a Semana do Libro, a cal se desenvolve do 24 ao 28 de abril de 2023, na cal participamos todos os centros educativos de Carballo, cunha exposición na Biblioteca Rego da Balsa.

Recibide un saúdo cordial.

O equipo directivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut