Skip to Content

DÍA NON LECTIVO

Boa día,

Informamos que desde Inspección educativa nos acaban de confirmar que o día 13 de outubro de 2023 solicitado polo centro como día NON LECTIVO foi CONCEDIDO.

Polo tanto faremos ponte e non haberá actividade lectiva o xoves, 12 de outubro, por ser festivo e o venres, 13 de outubro, como día non lectivo elixido polo centro.

Un saúdo

Equipo directivo.

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR E NOVA CONTA DE INSTAGRAM.

Bos días familias! Dende o equipo de biblioteca estamos felices de anunciarvos que, a comezos de outubro, reinauguramos a biblioteca do noso polbo Tintón. Cargadas de moitas ganas e ilusión para sumerxir ao noso alumnado na marabillosa aventura da lectura.

Invitámosvos a todos a que, nos sigades a través do instagram @a_biblioteca_do_polbo_tinton onde anunciaremos e vos faremos participes de novedades, actividades e proxectosa realizar ao longo deste curso. Moitísimas gracias por todo e benvidos a bordo desta nova aventura que comeza!

Equipo de biblioteca.

 

 

 

ANPA "A GRANXA"

A directiva da ANPA “A Granxa” quere informar ás familias que estarán no hall de entrada do edificio de Ed. Primaria para atender a quen queira realizar o PAGO DA CUOTA 2023-24 no seguinte horario:

 

LUNS 02 de outubro: 09.40h a 10.00h e 15.40h a 16.00h

 

MARTES 03 de outubro09.40h a 10.00h e 15.400h a 16.00h

 

 

Equipo directivo

INSCRIPCIÓN HOCKEY E PATINAXE. ESCOLA LUBIÁNS.

Bo día familias,

Adxuntamos un documento que nos enviou a Escola Lubiáns con información para a inscripción e iniciación ao Hockey patíns e ao Patinaxe.

 

O horario das actividades será os luns e os mércores de 15:45 a 16:45 no polideportivo Carballo Calero. Comenzarán o luns 2 de outubro de 2023 e finalizarán o 29 de maio de 2024.

 

Un saúdo.

INFORMACIÓN SOBRE O COMEZO DAS CLASES.

Boa tarde,

Lembramos que o luns 11 de setembro dan comezo as clases co horario habitual:

ENTRADA de todo o alumnado pola porta principal ás 9.40 (apertura de portalón ás 9.35h).

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL será acompañado pola persoa responsable ata a porta do seu edificio.

ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA entrará só ao patio do colexio.

- 1º e 2º farán filas no pavillón cuberto.

- 3º e 5º farán filas no patio cuberto.

- 4º fará filas na porta de entrada principal.

- 6º subirá directamente para as aulas entrando polo corredor da biblioteca.

 

SAÍDAS

- 14.30h: 4ºEd. Infantil, 1º, 2º de Ed. Primaria.

- 14.35h: 5º Ed.Infantil, 3º e 4º de Ed. Primaria.

- 14.40h: 6º Ed.Infantil, 5º e 6º de Ed. Primaria.

 

Os servizos de Concilia (07.00h-09.40h), Transporte e o Comedor (14.40h-15.45h) funcionarán co seu horario habitual.

Bo inicio de curso!

 

O equipo directivo.

MENÚ TRIMESTRAL COMEDOR ESCOLAR.

Bo día familias,

Adxunto o menú trimestral do comedor escolar.

Un saúdo.

PRESENTACIÓN FAMILIAS DE 1º EP.

Bo día familias,

As titoras de 1º de Educación Primaria deixaron esta presentación que se adxunta na publicación con información sobre o desenvolvemento das súas titorías.

Un saúdo.

AVISO: MATERIAL PARA MÚSICA DE 5º DE PRIMARIA.

Bo día familias de 5º de Educación Primaria,

 

A petición do mestre de Música e Danza solicítanse ás familias deste nivel o material escolar que se adxunta no PDF que acompaña esta publicación.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O COMEZO DE CURSO.

Boa tarde,

Desde o equipo directivo queremos darvos a benvida a este curso 2023-24.

 

Ao longo destes días os titores e titoras de cada grupo poñeranse en contacto coas familias para dar información necesaria sobre reunións ou aspectos importantes de comezo de curso.

 

As clases darán comezo o luns 11 de setembro en horario normal:

ENTRADAS - 9.40h (apertura de portas 9.35h)

SAÍDAS - 14.30h (4º, 5º e 6º Ed. Infantil, 1º EP, e 2º EP) - 14.35h (3º EP e 4ºEP) - 14.40h (5ºEP e 6ºEP)

 

O servizo de Concilia, Transporte e Comedor funcionarán tamén desde o día 11 de setembro no seu horario habitual.

 

Para calquera dúbida ou consulta, podedes chamar ao teléfono de secretaría: 881880386.

 

Bo comezo de curso!

 

Un saúdo

 

Equipo directivo

AUTORIZACIÓN DE SAÍDA DO CENTRO. 5º E 6º DE PRIMARIA

Bo día,

Adxuntamos un documento PDF para cubrir polas familias do alumnado de 5º e 6º de primaria que autoricen aos seus fillos/as a saír sós do recinto escolar cando rematen as clases.

IMPORTANTE: Para que o alumnado poda saír só do centro o primeiro día xa, teñen que traer a autorización firmada da casa ese mesmo día.

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut