Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 23/24

Bo día, 

No día de hoxe, en convocatoria extraordinaria do Consello Escolar, queda aprobada a listaxe definitiva de usuarios de comedor para o curso 23/24, seguindo a instrucción 3/2023 da secretaría xeral técnica da consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-2024, producindose un cambio con respecto á listaxe provisional. As familias afectadas xa foron debidamente informadas.

 

Un saúdo,

 

Equipo Directivo.

LISTAXE PROVISIONAL DE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 23/24

Bo día, 

No día de hoxe, en convocatoria extraordinaria do Consello Escolar,  aprobouse a listaxe provisional de usuarios de comedor para o curso 23/24, seguindo a instrucción 3/2023 da secretaría xeral técnica da consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-2024. O criterio para o desempate (letra U) foi aprobado polo Consello Escolar na mesma convocatoria.

A listaxe estará exposta no hall da entrada do centro educativo. A data límite para presentar reclamacións á listaxe provisional será o venres 14 de xuño ás 13.30h.

 

 

 

Un saúdo,

 

Equipo Directivo.

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO LIBROS (EDUCACIÓN PRIMARIA) E RECOLLIDA DE VALES.

Bo día,

Pasados os dous días que ofrecemos para presentar reclamacións e debido a que non se presentou ningunha alegación á listaxe provisional publicada de Fondo Libros, procedemos á publicación da listaxe definitiva (material escolar e libros de texto), así como a publicación da listaxe do número e dos libros de cada área concedidos do fondo ao alumnado de 3º e 4º de EP. Poderedes ver ditas listas nos paneis do hall do centro, a carón e enfronte das portas acristaladas.

Así mesmo, poderedes acudir a recoller os vales, a partir de hoxe, día 6 de xullo ata o 14 de xullo, en horario de 10h a 13h. No caso de non poder acudir a recollelos neses días, podedes vir desde setembro a decembro de 2023.

Os libros de texto do fondo para 3º e 4º de EP serán entregados polos titores/as a cada neno/a beneficiario desta axuda, ao longo do mes de setembro.

 Por último, nos casos nos que non sexan os proxenitores os que pasan a recoller os vales das axudas, a persoa que se presente no centro deberá acudir cunha autorización asinada polo pai ou nai do alumno/a beneficiario de ditos vales.

 

Un saúdo,

O equipo directivo.

PROGRAMA CONCILIA 2023/2024.

O Concello de Carballo abriu o prazo para a solicitude do programa Concilia para o vindeiro curso 2023/2024. O servizo préstase de luns a venres dende as 7.00 h ata o inicio das clases. 

 

INFORMACIÓN DE INTERESE:

 

  • Prazo de presentación da solicitude: Do 3 ao 31 de xullo (para os usuarios/as de curso completo)
  • Documentación necesaria:
  1. Fotocopia do libro de familia ou certificado de nacemento.
  2. Fotocopia do DNI da persoa solicitante (nai/pai/titor)
  3. Fotocopia do DNI da persoa usuaria do servizo. 
  4. Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
  5. Solicitude e autorizacións asinadas.
  6. Certificado da conta bancaria para a domiciliación.
  • Presentación: Rexistros municipais, sede electrónica do concello...
  • Prazas: 100.
  • Resolución provisional: 9 de agosto.

 

Podes consultar todos os detalles na seguinte ligazón: PROGRAMA CONCILIA e na documentación adxuntada debaixo.

SOLICITUDES PARA O COMEDOR ESCOLAR: CURSO 2023-2024

SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR

CURSO 2023/2024

No día de hoxe, martes 4 de xullo de 2023, publicouse a INSTRUCIÓN 3/2023, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2023-2024, polo que dende o día de hoxe,  4 de xullo de 2023 ata o 7 de xullo de 2023, ambos os dous inclusive, estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para obter praza no comedor escolar para o vindeiro curso 2023-2024.

 

            A documentación a presentar é a seguinte:

-Solicitude de praza de comedor escolar curso 2023/2024.

-Certificado dos servizos sociais ou municipais correspondentes que acreditan a situación económica de exclusión social ou discapacidade igual ou superior ao 33%.

-Título de familia numerosa.

-Certificado emitido pola empresa do horario laboral do pai.

-Certificado emitido pola empresa do horario laboral da nai.

 -Certificado médico dalgún tipo de alerxia alimentaria do alumnado.

 

            Nos documentos adxuntos atoparedes o modelo de solicitude e o modelo de autodeclaración do IRPF correspondente ao ano 2022, os cales están a disposición das familias no centro educativo.

 

            Un saúdo.

            O equipo directivo.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DAS AXUDAS NA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR (FONDOLIBROS)

Bo día.

Está publicada, no hall da entrada do centro, a listaxe provisional de axudas para a adquisición de libros de texto e de material escolar (FONDOLIBROS).

Podedes acudir a consultala en horario de 10h a 13 h.

Abrimos un período de reclamacións a dita listaxe ata o mércores 5 de xullo de 2023, ás 13h.

 

As poucas solicitudes que aparecen excluídas son por motivos de renda, polo que de non producirse reclamacións, a listaxe definitiva non sufriría modificacións.

 

Reciban un saúdo cordial.

A dirección do centro.

MEMORIA FINAL DO CURSO ACADÉMICO 2022-2023

Bo día.

Adxuntamos, nesta publicación,  memoria final do presente curso académico, o curso 2022-2023,así como os anexos á mesma, a cal foi sometida no día de onte (xoves 29 de xuño de 2023) á aprobación nas reunións ordinarias celebradas dos órganos colexiados do centro, Consello Escolar e Claustro. Dita memoria foi aprobada en ambas reunións por unanimidade dos membros presentes.

Reciban un saúdo cordial.

María José Zas Lista,
directora do CEIP Bergantiños.

VÍDEO DO PLAN PROXECTA DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Premendo AQUÍ podedes ver o vídeo do produto final pertencente ao proxecto de innovación e dinamización da lingua galega (Plan Proxecta) no que participa o alumnado de 4º de E.P. do noso centro.

Esperamos que vos guste!

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O PERÍODO NON LECTIVO DE VERÁN

AVISO IMPORTANTE!

 

O horario de atención ao público na administración deste centro educativo, desde hoxe, día 22 de xuño de 2023, e ao longo do mes de xullo, será de 10h a 13h.

 

Desculpen as moletias que isto lles poida ocasionar.

 

Reciban un saúdo cordial.

A dirección do centro educativo.

VÍDEO MÓVETE +

Premendo AQUÍ podedes ver o vídeo elaborado polo profesorado de Educación Física dentro do programa "Móvete +" pertencente ao Plan Proxecta. Nel participa o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria do centro.

Esperamos que vos guste!

                                                       

Distribuir contido


by Dr. Radut