Skip to Content

ESCOLAS DE VERÁN XIRIA

Boa tarde.

 
Compartimos con vós o cartel máis o enlace coa información das nosas Escolas de Verán. O campamento urbano para nenxs de Educación Infantil e Primaria onde axudamos ás familias coa conciliación familiar nas vacacións de verán á vez que xs nenxs desfrutan practicando diferentes actividades como multideporte, psicomotricidade, manualidades, obradoiros, festas temáticas, etc. 
 
Achegamos a información, que pode ser do voso interese:
 
 
 
Moitas grazas.
 
Un saúdo. 

SOLICITUDES DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023-2024

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023-2024

Bo día.

A partires do vindeiro martes, 20 de xuño de 2023, abre o prazo para a formalización de matrícula do alumnado admitido para o curso 2023-2024 no noso centro educativo.

Deberase cubrir o formulario de solicitude (que podedes ver no documento adxunto a esta publicación; tamén dispoñeremos de copias no propio centro educativo).

Así mesmo, deberase entregar a seguinte documentación:

  • Impreso de matrícula (documento adxunto e dispoñibles no centro).
  • 2 fotos tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Informe emitido polo servizo de pediatría conforme o neno/a non padece enfermidade que imposibilite a súa escolarización.
  • Solicitude de uso de transporte escolar (en caso de facer uso deste servizo).

 

O prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño de 2023, en Educación Infantil e Primaria.

O prazo de matrícula para 1º de ESO establecido polo IES Parga Pondal son o 23, 26 e 27 de xuño de 2023.

 

As familias que xa tedes ao alumnado matriculado no centro educativo, tanto en Ed. Infantil, como en Ed. Primaria, non debedes de presentar ningún tipo de documentación, en canto á matrícula.

           

            Un saúdo,

            O equipo directivo.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

Boa tarde.

Adxuntamos a listaxe cos libros de texto e/ou caderniños de traballo de cara o vindeiro curso académico. Aparecen clasificados segundo os niveis educativos. Dita listaxe tamén permanecerá exposta no taboleiro de anuncios do centro.

Coma todos os anos, recomendamos que non se merquen ata ter as reunións iniciais cos titores/as do vindeiro curso.

 

Un saúdo.

A dirección do centro.

ESCOLA DE VERÁN 2023 - ESCOLA LUBIÁNS

ABRIMOS INSCRICIÓNS!!!!

 

Está dirixida a nen@s de educación infantil e primaria e abrangue desde o 26 de xuño ata o 25 agosto de 2023.

 

Volvemos a realizala nas instalacións do Polideportivo Carballo Calero e do CEIP Bergantiños. O horario será de 9:30h a 14:00h.

 

Intentaremos contar con un servizo de madrugadores, para o cal necesitamos un mínimo de 10 nen@s e o custe será de 25€ por quincena, os cales se abonarán o primeiro día que o nen@ acuda á Escola de Verán.

 

 

Como xa sabedes unha das principais actividades que realizamos é a de iniciación ó hockey sobre patíns e a patinaxe polo que cada neno/a terá que traer os seus patíns os días que lle toque a actividade.

 

 

Recordade que as prazas están limitadas.

 



Este verán ademais contaremos cos nosos amigos de @makerstorecarballo facendo así o noso campamento máis completo. Non só poderedes desfrutar de xogos, talleres e patinaxe; tamén contaremos con monitores especializados en Robótica para que os nosos nenos e nenas poidan desfrutar ao máximo do verán!!!



Xa podedes apuntarvos seguindo a seguinte ligazón, onde contades con toda a información:
https://app.cluber.es/clubes/528b261dc104bab83e6d23984a3aea5f1a6f0b8a/pagos/645b68218c0ab382226844

 

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto chamando ou escribindo ao 650 653 922, así como podedes pasar polo pavillón Carballo Calero.

 


AGARDÁMOSVOS!!!

 

Un saúdo cordial.

Escola Lubiáns.

 

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR - Mes de xuño de 2023

Boa tarde.

Adxuntamos os menús do comedor escolar do vindeiro mes de xuño de 2023.

 

Un saúdo.

A dirección do centro.

 

TRANSPORTE ESCOLAR - Curso académico 2023-2024

Boa tarde.

 

Acaba de publicarse na páxina da Consellaría de Educación a Instrución 1/2023 sobre a xestión do servizo de transporte de escolares para o curso escolar 2023-2024. Podedes ver, nos documentos adxuntos a esta publicación, a instrución, así como unha circular sobre a mesma.

Así mesmo, anexamos tamén nesta publicación o modelo de solicitude que debedes de presentar no centro educativo para solicitar praza no transporte escolar de cara ao vindeiro curso académico.

Os que xa sodes usuarios/as de transporte actualmente (coa excepción do alumnado que cursa a día de hoxe 6º de EP), as monitoras repartiranvos no día de mañá a solicitude para os que queirades seguir desfrutando deste servizo, xa que se debe renovar con carácter anual.

Os que o solicitedes por 1ª vez, podedes descargar a solicitude do arquivo adxunto a esta publicación, así como pasarvos polo centro a por unha copia.

 

Un saúdo.

A dirección do centro.

MURAL DE LINGUA DE SIGNOS E BRAILLE - ENKI

 

Data: Luns, 5 de xuño, ás 10h.

Duración da actividade: Aproximadamente 2h

Recollida de tapóns: tapóns azuis de botellíns de auga.

Materiales: aportados por ENKI.

Participación: o alumnado irá colaborando na realización do mural en pequenos grupos.

Adxuntmos tríptico con toda a información.

 

ENKI

Tlf. 881 243 819

NÚMERO DAS PARADAS DO AUTOBÚS PARA O ALUMNADO QUE VAI PARA O INSTITUTO

No documento adxunto detállanse os números das paradas de autobús da ruta do IES Isidro Parga Pondal. Son para que as familias do alumnado que comeza no instituto o curso que vén saiban o número de parada que teñen que poñer á hora de cubrir a documentación de matrícula.

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

No día de onte desenvolvemos o simulacro de evacuación do centro. Contamos coa colaboración do servizo de bombeiros e protección civil do concello de Carballo.

Aquí tedes unhas imaxes nas que se pode ver o rescate dunha mestra que simulou quedar atrapada nunha das aulas do primeiro andar.

 

SOLICITUDES PARA FONDO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

Estimadas familias:

 

 

Acaba de publicarse, no día de hoxe, no Diario Oficial de Galicia, a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 

As solicitudes cumplimentaranse mediante formulario, a disposición do centro educativo, ou mediante solicitude telemática, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

 

O prazo estendarase desde o día de mañá, sábado 20 de maio de 2023, ata o mércores 21 de xuño de 2023, coincidindo co final do presente curso académico.

 

                 

           As solicitudes serán únicas, no caso de ser presenciais, para todos os fillos/as matriculados no mesmo centro educativo. En caso de facelo, de xeito telemático, será unha solicitude por cada fillo/a.

 

          As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formuario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

 

                 

    TEDES COMO DOCUMENTO ADXUNTO A ESTA PUBLICACIÓN O IMPRESO DE SOLICITUDE, QUE INCLÚE O ANEXO I E O ANEXO II.

 

Deberán cubrirse os ANEXOS I e II, así como achegar copia do Libro de Familia. En caso de separación ou divorcio, requerirase copia da sentenza xudicial ou do convenio regulador, onde se especifique a garda e custodia do menor.

As solicitudes para os niveis de 5º e 6º de EP só se tramitarán as de axuda para a adquisición do material escolar, xa que ao ser cursos E-DIXGAL, non contan con libros de texto.

 

            Terase en conta para ditas solicitudes a renda do ano 2021, así como os datos da unidade familiar con data do 31/12/2021.

 

           

O alumnado que curse a día de hoxe 6º nivel de EP e estea admitido no IES para o vindeiro curso, presentará solicitude no Centro de Educación Secundaria.

 

 

 

Tedes toda a información nos documentos adxuntos a esta publicación, así como tramitalo de xeito online, a través da sede electrónica da Consellaría: https://sede.xunta.gal

Un saúdo cordial.

 

A dirección do centro.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut