Skip to Content

Convivencia

Marcapáxinas Solidarios

Boas, familias do Bergantiños!

Como sabedes este ano o Equipo de Convivencia do noso centro fixo unha venda de “marcapáxinas solidarios”.  O resultado foi dunha grande magnitude. Recaudáronse 831,39€!!! GRAZAS!

As asociacións sen ánimo de lucro que saíron vencedoras da votación por parte do alumnado foron a protectora “Amiga de los perros de Carballo” e “ASPABER”. 

 

Este mércores 16 de xuño viñeron as dúas ó noso centro.

Dado que a nosa idea sempre foi a de adquirir aqueles produtos ou necesidades que nos demandaran, pedímoslles ás gañadoras unha listaxe. Foros as seguintes:

 

ASPABER solicitounos dúas tablets. Isto axudaralles o seguinte:

- Xerar consolidación de aprendizaxes polo reforzo visual e auditivo implicado no traballo a través de programas adaptados á atención, o razoamento, a memoria e a concentración

- Favorecer a motricidade fina e a coordinación visomotora.

- Mellora da comunicación pola adecuación de entornos gráficos que favorecen a motivación.

- Motivar aprendizaxes a través de programas resposta inmediata permitindo que a práctica repetitiva sea gratificante.

- Favorecer as relacións sociais nos usuarios autistas e con problemas de relación por medio de programas que permiten sincronizar a voz gravada dos rapaces e rapazas coas propias marionetas facilitando deste modo a interacción.

- Traballar a comunicación aumentativa a través de APP’S específicas.

 

“Amiga de los perros de Carballo” demandounos o seguinte:

- Comida seca para cans adultos maiores con pocos dentes.

- Comida húmida para cans adultos maiores.

- Comida seca para gatos.

- Comida húmida para gatos.

 

 

Como podedes ver nas fotografías, os cartos déronnos para moito e mercamos todas as súas peticións!

 

Para que non quedara nada sen gastar, houbo unha última doación para redondear as contas.

 

Gustaríame agradecer ás dúas asociacións a súa disponibilidade e amabilidade para coincidir horarios e tamén os seus agasallos. Grazas.

 

Agradecer tamén a “Mascotare” tenda especializada en produtos para mascotas sita en Rúa Manuel Azaña, No 34, Bajo Izq, 15011 A Coruña que facilitounos toda a mercadoría e o seu trato, dispoñibilidade e esforzo foron exquisitos.

E un saúdo para Roberto, usuario de ASPABER que veu á visita e aportou un gran sorriso e un  par de bromas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estas son algunhas das fotos que sacamos ao longo da visita…

 

Moitas grazas Bergantiños pola colaboración! Sodes xeniais!

 

Javier Martínez Soto

Coordinador do Equipo de Convivencia do CEIP Bergantiños

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut