O Concello de Carballo abriu o prazo para a solicitude do programa Concilia para o vindeiro curso 2023/2024. O servizo préstase de luns a venres dende as 7.00 h ata o inicio das clases.
INFORMACIÓN DE INTERESE:
- Prazo de presentación da solicitude: Do 3 ao 31 de xullo (para os usuarios/as de curso completo)
- Documentación necesaria:
- Fotocopia do libro de familia ou certificado de nacemento.
- Fotocopia do DNI da persoa solicitante (nai/pai/titor)
- Fotocopia do DNI da persoa usuaria do servizo.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
- Solicitude e autorizacións asinadas.
- Certificado da conta bancaria para a domiciliación.
- Presentación: Rexistros municipais, sede electrónica do concello...
- Prazas: 100.
- Resolución provisional: 9 de agosto.
Podes consultar todos os detalles na seguinte ligazón: PROGRAMA CONCILIA e na documentación adxuntada debaixo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PROGRAMA CONCILIA DOCUMENTACIÓN.pdf | 357.33 KB |
CONCILIA SETEMBRO.pdf | 329.5 KB |