Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE O COMEZO DAS CLASES.

Boa tarde,

Lembramos que o luns 11 de setembro dan comezo as clases co horario habitual:

ENTRADA de todo o alumnado pola porta principal ás 9.40 (apertura de portalón ás 9.35h).

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL será acompañado pola persoa responsable ata a porta do seu edificio.

ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA entrará só ao patio do colexio.

- 1º e 2º farán filas no pavillón cuberto.

- 3º e 5º farán filas no patio cuberto.

- 4º fará filas na porta de entrada principal.

- 6º subirá directamente para as aulas entrando polo corredor da biblioteca.

 

SAÍDAS

- 14.30h: 4ºEd. Infantil, 1º, 2º de Ed. Primaria.

- 14.35h: 5º Ed.Infantil, 3º e 4º de Ed. Primaria.

- 14.40h: 6º Ed.Infantil, 5º e 6º de Ed. Primaria.

 

Os servizos de Concilia (07.00h-09.40h), Transporte e o Comedor (14.40h-15.45h) funcionarán co seu horario habitual.

Bo inicio de curso!

 

O equipo directivo.



story | by Dr. Radut