Skip to Content

Programa APEGO: U-la lúa?, con A xanela do Maxín - Actividade na Biblioteca Rego da Balsa

INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE:

 

 

 

Programa APEGO: U-la lúa?, con A xanela do Maxín

 

 

 

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
Lúa é unha gata que vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.
Illada do mundo, sen ver máis alá dos muros que rodean o xardín, un día deulle por subir a ese muro. O que viu dende alí deixouna apampada. A tan só unha carreiriña había un parque! Cos seus bambáns e un tobogán enorme. Chegaría nun intre. Era doado… ou iso semellaba.

 


PÚBLICO
Actividade dirixida a nenas e nenos de 6 meses a 3 anos.

 


INSCRICIÓNS
Capacidade limitada, con inscrición TELEFÓNICA previa, desde as 10 da mañá, no 981 75 85 80.

 


ACCESO
Deberanse seguir as indicacións do persoal bibliotecario á hora de ocupar o espazo no que se desenvolverá a actividade.
Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión ás persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.
Actividade ofrecida en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo no marco de Programa Apego.


QUE É O PROGRAMA APEGO?
APEGO é un programa colectivo creado para axudar a socializar en galego aos nenos e nenas desde o nacemento e ata os 6 anos. É un proxecto dos servizos de normalización lingüística de diferentes concellos de Galicia e mais da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Para máis información sobre este programa, chama ao 981 704 100 ext. 2750

 

 

Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Rúa de Bos Aires, s/n

CP 15100 Carballo 

Tlf. 981758580

biblioteca@carballo.gal

 

 

AdxuntoTamaño
U-LA LÚA .png252.88 KB


page | by Dr. Radut