Skip to Content

CP Innova

BROCHETAS DE FROITA

Para rematar a semana da alimentación os alumnos/as de 1º e 2º decidimos preparar unhas deliciosas brochetas coas nosas froitas preferidas: amorodos, laranxas, piña, arándanos,... Foi moi sinxelo elaborar as brochetas, so partir a froita en anacos e colocala nos paus das brochetas. Cal foi o seguinte paso? Comelas e ... a repetir cantas veces se queira!

 

 

 

 

 

 

 

 

CHARLA DO FROITEIRO DAMIÁN E DO MÉDICO FERNANDO

O 24 de abril e dentro da semana da alimentación visitáronnos un froiteiro e un médico que nos informaron dos beneficios de tomar froita e verdura a diario (5 racións) e de facer exercicio físico. Asimesmo contáronnos a longa viaxe dalgunhas froitas ata chegar aos supermercados (por exemplo a piña ven de América en barco e tarda varias semanas).

 

 

 

CHARLA DA APICULTURA LEONOR VARELA

O 23 de abril e dentro da semana adicada a alimentación achegouse ao noso colexio a apicultora Leonor Varela para falarnos das súas abellas e dos produtos elaborados por elas. Ao rematar a charla amosounos as abellas que ela trouxo e probamos o mel, o polen e o propóleo. Ademais de agasallo recibimos un botiño de mel xalleiro. Vaia sorte tivemos e canto aprendemos das abellas!

 

 

 

 

 

 

 

REXISTRO DAS MERENDAS DO RECREO

No mes de marzo comezamos a rexistrar as merendas dos alumnos/as de 1º e 2º. Puntuaban positivo as merendas saudables como os bocadillos e a froita e negativo aquelas merendas non saudables como a bolería industrial. Vaia cambio se notou despois duns días! Agora merendamos dun xeito saudable caseque a diario e como recompensa recibimos agasallos coma xogar, cambiar de sitio,... e o máis importante estar máis sans.

 

 

 

 

PLANTACIÓN DO HORTO

As bases dunha alimentación saudable son uns produtos naturais e de boa calidade. Nada mellor que plantar o noso horto do que co tempo sairán uns vexetais ecolóxicos. A plantación fíxose a finais de febreiro e cos nosos cuidados (regar, sacar malas herbas,...) xa puidemos recoller unhas fermosas leitugas cas que preparamos unha riquísima ensalada que se degustou na aula.

 

 

 

 

 

 

 

PONLLE PILAS AO TEU BOCATA

Os alumnos de 1º e 2º participaron no obradoiro de alimentación saudable Ponlle pilas ao teu bocata. Nel explicábaselles como do mar proceden algúns dos alimentos envasados nas conservas por exemplo mexillóns, atún, luras ... Con eles, acompañados de vexetais (leituga, tomate, cebola...), elaboráronse uns bocadillos saborosos que comeron durante o recreo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MANNEQUIN CHALLENGER DO PDC

O alumnado de sexto curso do CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba) filmou un Mannequin Challege para felicitar o Nadal de parte de todos os colaboradores do Proxecto Deportivo de Centro do noso colexio.

Estes nenos e nenas son uns artistas...FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut