Skip to Content

CP Innova

Sesión de biodanza!

Esta actividade de interacción cos pais e nais, na que se utilizaron as caixas das emocións recicladas e feitas polos nenos foi unha vivencia marabillosa. Os pais  e nais atoparon mensaxes dos nenos no interior da caixa e viceversa. Foi moi emocionante.

 

 

 

A nosa caixa da reciclaxe emocional. Que bonita experiencia!

A partir dunha caixa de cartón que decoramos libremente e metendo dentro dela elementos feitos por nos mesmos como: variñas máxicas feitas con paos e botes de tetrabrick, o espello da autoestima, a bola antiestrés feita con arroz e globos, o saco aromático con follas de manzanilla, romeo, menta...

 Esta caixa das emocións espertou nos nenos unha grande sensibilidade e son conscientes de que o máis importante é "COIDAR O CORAZÓN DO PLANETA TERRA"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha imaxe que espertou a nosa sensibilidade!

Unha nena do quinto nivel, Arlet, fixo un debuxo onde se notaba a sua tristeza ante unha situación de maltrato do planeta Terra. Nos quixemos reproducir o  contrario  e fixemos unha exposición contrastando unha paisaxe con árbores cortadas e paxaros mortos con outras onde había vida e alegría. Tamén fixemos un escrito onde se recollía con palabras o significado daquela imaxe, onde vemos que o noso planeta está morrendo pouco a pouco.

 

 

 

 

Nas nosas celebracións non esquecemos a reciclaxe!

Nas distintas actividades e celebracións que se levaron a cabo no noso centro tivemos en conta a reciclaxe:

 -No Nadal decoramos o corredor cunha árbore de Nadal que elaboramos a partir de      follas de xornais vellos.

 Fixemos outras árbores con tapóns de plástico de cor verde.

 No Entroido tamén elaboramos os nosos bonecos e bonecas para celebrar os días de compadres e comadres con material reciclado.

Seguimos as ordes do Meco ao pé da letra e utilizamos para a acreditación papel reciclado, as gravatas con papel de xornal, o micrófono con un tubo de papel hixiénico, unha bola de papel de aluminio que aproveitamos dos envoltorios dos bocadillos e un fío de la de cores e por último, para facer a cámara de fotos ou video, reutilizamos unha caixa de cartón.

 -Na Semana da Prensa reutilizamos os xornais e creamos unha capa informativa onde iamos colgando diariamente unha noticia escollida entre o alumnado de primeiro e segundo nivel.

 

 

 

 

 

 

 

 

Se cooperamos todo funciona!

Traballamos a cooperación interniveis facendo actividades lúdicas e creativas. Cada tres cursos elaboraron unha noticia en conxunto. O noso grupo fixémola xunto cos nenos de cinco anos e os de cuarto de primaria. Puxémoslle como título: “ NO BARRIÉ RECICLAMOS CADA VEZ MÁIS E MELLOR”.

 

 

O noso compós é o mellor!

Fixemos un horto empregando o noso propio abono do composteiro. Alí temos leitugas, patatas, cenorias, amorodos, cebolas…

 

 

 

 

 

Encargámonos que todo chegara ao seu destino.

Organizamos as PATRULLAS VERDES, que tiñan como misión vixiar que todos depositemos os residuos no colector correspondente.Tamén se encargaron de que os residuos das illas do interior do colexio chegasen aos colectores do exterior.

 

 

Reciclamos dentro e fora da aula. Fíxate ben nas cores!

Todas as aulas foron dotadas das tres papeleiras correspondentes ás cores da illa de reciclaxe. "Buscamos un mundo mellor e fomentar o respecto pola natureza".

 Fixemos unha chuvia de ideas e traballamos onde había que botar cada un dos elementos. Ao final deseñamos uns carteis cos máis utilizados nas clases diariamente e pegámolos no colector correspondente, deixando o de cor negra para recoller o compós diario.

 

 

 

Unha soa imaxe serve por mil palabras: Recicla!

Elaboramos carteis informativos e colocámolos polo interior e exterior do centro. Con eles o que pretendemos é concienciar e animar a reciclar, consumir de forma responsable e clasificar axeitadamente os residuos.

 

 

 

ZUME DE FLOR DE SABUGUEIRO

O zume da flor de sabugueiro é unha alternativa saudable os zumes envasados. Provén da flor dunha árbore coñecida na nosa zona, o sabugueiro ou bieitiero, que florece no mes de xuño. Para preparalo mestúrase un tapón ou dous de zume concentrado nun litro de auga. O sabor é dulzón e, en xeral, gustou bastante e moitos repetiron.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut