Skip to Content

O noso PDC agora é Proxecto de Vida Activa e Deportiva

O noso PDC agora é

Proxecto de Vida Activa e Deportiva

 

Por noveno curso consecutivo o noso centro educativo continuará participando no PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

Agora a denominación do proxecto pasa a chamarse Proxecto de Vida Activa e Deportiva pero seguirá tendo como obxectivos a alimentación saudable e a organización de diferentes actividades para fomentar o ocio activo, o exercicio físico e a vida saudable en toda a comunidade educativa.

Aínda que as restricccións debido á situación sanitaria imposibilitan que continúe DIVERTIPATIO, aparcamos esta actividade para continuala nun futuro, e continuamos organizando dinámicas como o concurso DIVERTICÁN, charlas, plataforma DAFIS, obradoiros de alimentación saudable, saídas saudables, etc.

COMEZAMOS!!





page | by Dr. Radut