A clase de 1º e 2º de primaria
Ola a tod@s!!
Entramos na recta final deste curso tan raro! Esta é a última semana que vos propoño algo para facer, posto que xa estamos a piques de rematar.
Ben sei que foi todo moi difícil, moi especial pero o que sei é que traballastes moito e que se nos quedaron cousiñas se facer, xa se farán o vindeiro curso, que non vai haber problema.
Mirade, gustaríame, se pode ser que esta semana, todos e todas vos comprometérades a facerme dúas tarefas:
* Un dictado (pedídelle a alguén que vos axude a facelo), pero que non vos digan nada de nada, sin trampas, Vos facede o dictado e deixádelo como vos saia. Que non vos corrixan nadavake? Solo que vos dicten. O dictado é o que vai adxunto.
* De mates, facede as contas que vos adxunto tamén neste documento. Facédeas fixándovos vale?
Bueno pois nada mais como vos dixen, intentade por favor, facerme esas fichiñas todas e todos.
Nada mais, que me gustaría vervos, falar con vos, darvos un abrazo e un bico, pero creo que teremos que agardar ata setembro.
Un abrazo enorme.
Ola a tod@s!!
Estades feitos uns traballadores porque esas tablas están casi, casi rematadas!!!
Esta semana propóñovos pouca cousa pero intentade traballar moito.
MATES: Rematades o tema enteiro.
LENGUA: Empezade o tema novo, e se non vos costa moito, dádelle forte esta semana e o facedes enteriro vale?
LINGUA: Esta semana propóñovos que non fagades nada do libro. Hai outro traballiño que me gustaría que fixerades: contádeme, como si fose un conto, todo esto que estamos a pasar co coronavirus. Cada un contádeme todo o que se vos ocurra de como pasastes este tempo. Procurade escribir en lingua galega, vale? Podedes facer debuxos ou o que se vos ocorra.
Bueno pequen@s xa só quedan uns días para rematar e se podedes traballar moito en lengua e mates, que así para o vindeiro curso todo será mais doado.
Tede unha boa semana!!
Ola rapaces!!
Unha semana máis, aquí vos deixo a proposta de tarefas para esta semana. Pero recordade!! non é obrigatorio facelo todo, é só unha guía ou proposta.
LENGUA: Faremos dende a páxina 152 ata rematar o tema.
LINGUA: Temos que elexir cousas porque todo non nos da tempo. Entón propóños as seguintes actividades:
* Pax 146-147 ( a lectura), pax 148 as preguntas da lectura.
* Pax 149, 150 e 151 (o ditado facédelo se alguén vos pode axudar, senón deixádelo)
SOCIAIS: Rematades o tema pero a pax 95, podedes deixala sen facer, posto que é un pouquiño liosa.
MATES: Empezades o tema do calendario e a tabla do 7, facedes ata a pax 169.
Repito: As tablas, ide pouco a pouco. Vale mais saber 3 ou 4 BEN, que non sabelas todas mal.
Gustaríame, se pode ser que esta semana, me enviarades un sms, whatsapp, mail... o que poidades pero dicíndome xusto ata que tabla sabedes ben, vale?
Bueno corazóns, traballade moito e animádevos moito porque xa casi, casi podemos ir á praia.
Un abrazo e un bico a tod@s!!
Ola a tod@s!!
Unha semana mais aquí vos deixo a proposta, pero primeiro decirvos a tod@s FELICIDADES!!!, por esos murais tan traballosos que fixestes esta semana en honor o Día das Letras Galegas. Uns traballos moi elaborados, moi interesantes e moi bonitos, XENIAL!
Mirade unha cousiña, esta semana traballaremos, Mates, Lengua e Sociais, vale?
MATES: Seguimos estudiando as tablas, que cada un vaia según o seu ritmo. É dicir, sería moi bo que memorizárades ben, ben, ata a do 6 ou 7 pero se aínda estades ca do 3 ou 4, non pasa nada!!! Vos ide memorizadoas BEN.
Por outro lado, esta semana propóñovos que rematemos o tema todo de mates, así xa queda todo feitiño.
LENGUA: Empezamos o tema 10 e facemos ata a 151. Aparécevos o VERBO (recordade que era a palabra que nos indica a acción, lembrades??? Era o MOTOR da acción. Pois eso, repasar un poquiño eso.
SOCIAIS: Empezamos o tema 6. É moi fácil porque é sobre o TEMPO (o calendario, o reloxo) De aqui facede polo menos ata a páxina 91, Pero bueno, do que sabedes facer mais ou menos vos facede segundo poidades, e se algo vos resulta difícil ou preguntádesme ou o deixades.
Bueno, todo o que vaiades facendo ídemo enviando ou gardando, vale? Traballade moito que o curso está casi a punto de rematar.
Un abrazo para tod@s!!!!