Responder ó comentario
Ola a tod@s!!
Unha semana mais aquí vos deixo a proposta, pero primeiro decirvos a tod@s FELICIDADES!!!, por esos murais tan traballosos que fixestes esta semana en honor o Día das Letras Galegas. Uns traballos moi elaborados, moi interesantes e moi bonitos, XENIAL!
Mirade unha cousiña, esta semana traballaremos, Mates, Lengua e Sociais, vale?
MATES: Seguimos estudiando as tablas, que cada un vaia según o seu ritmo. É dicir, sería moi bo que memorizárades ben, ben, ata a do 6 ou 7 pero se aínda estades ca do 3 ou 4, non pasa nada!!! Vos ide memorizadoas BEN.
Por outro lado, esta semana propóñovos que rematemos o tema todo de mates, así xa queda todo feitiño.
LENGUA: Empezamos o tema 10 e facemos ata a 151. Aparécevos o VERBO (recordade que era a palabra que nos indica a acción, lembrades??? Era o MOTOR da acción. Pois eso, repasar un poquiño eso.
SOCIAIS: Empezamos o tema 6. É moi fácil porque é sobre o TEMPO (o calendario, o reloxo) De aqui facede polo menos ata a páxina 91, Pero bueno, do que sabedes facer mais ou menos vos facede segundo poidades, e se algo vos resulta difícil ou preguntádesme ou o deixades.
Bueno, todo o que vaiades facendo ídemo enviando ou gardando, vale? Traballade moito que o curso está casi a punto de rematar.
Un abrazo para tod@s!!!!