Responder ó comentario
Ola rapaces!!
Unha semana máis, aquí vos deixo a proposta de tarefas para esta semana. Pero recordade!! non é obrigatorio facelo todo, é só unha guía ou proposta.
LENGUA: Faremos dende a páxina 152 ata rematar o tema.
LINGUA: Temos que elexir cousas porque todo non nos da tempo. Entón propóños as seguintes actividades:
* Pax 146-147 ( a lectura), pax 148 as preguntas da lectura.
* Pax 149, 150 e 151 (o ditado facédelo se alguén vos pode axudar, senón deixádelo)
SOCIAIS: Rematades o tema pero a pax 95, podedes deixala sen facer, posto que é un pouquiño liosa.
MATES: Empezades o tema do calendario e a tabla do 7, facedes ata a pax 169.
Repito: As tablas, ide pouco a pouco. Vale mais saber 3 ou 4 BEN, que non sabelas todas mal.
Gustaríame, se pode ser que esta semana, me enviarades un sms, whatsapp, mail... o que poidades pero dicíndome xusto ata que tabla sabedes ben, vale?
Bueno corazóns, traballade moito e animádevos moito porque xa casi, casi podemos ir á praia.
Un abrazo e un bico a tod@s!!