A clase de 1º e 2º de primaria
Ola a tod@s!! Como estades? Creo que ben, posto que esta semana traballastes a reo.
Para esta semana propóñovos traballar só en Mates e Lingua vale?
MATES: Por fin! empezamos o libro do 3º trimestre. Xa sei que estas dúas semanas pasadas traballastes coas taboas e intentamos chegar ata a do 5.
Os que conseguistes aprender a taboa do 1, 2, 3, 4 e 5, XENIALl!! Os que non as sabedes non pasa NADA! Seguides estudiándoas esta semana porque
de nada vale correr. A cuestión é sabelas ben. Vós ídelle dando con ánimo.
Do libro de mates facedes dende a pax 150 ata a 155 incluídas, vale?
E @s que saiabades ata a taboa do 5, estudiades a do 6.
LINGUA: O vindeiro domingo é o 17 de maio, Día de festa!!! Propóñovos unha tarefa que terá 3 preguntas. Teredes que facer un mural nunha
cartulina, nun folio ou na libreta ( no que poidades) que teñas estas tres preguntas coas respostas:
* Por qué celebramos o Día das Letras Galegas?
* A quen se lle adican este ano?
* Contádeme algo desa persoa.
Os que non poidades facer este traballiño , facedes o tema 10 de lingua, vale? Pero mellor que fagades o das Letras Galegas si podedes, vale?
Tamén vos deixo un enlace sobre as Letras Galegas:
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020? fbclid=IwAR219LJCkajRtQD2fziv2dWgJgBF4rKyPTdSVfmsrbe77gtRjJSmCQh0bIs
Pois nada mais, esta semana chega de sobra con mates e lingua!!
Pero adicádelle moito porque sobre todo coas taboas fainos falta o tempo e o ánimo.
Veña corazóns seguídeme enviando moitas cousiñas porque téñovos que dicir que me estades deixando ALUCINADA porque estades traballando
XENIALLLLLL!!!
ESPERO ILUSIONADA QUE FAGADES UNS MURAIS IMPRESIONANTES DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Ola a tod@s!!
Unha semana máis vos deixo unha proposta de traballo. Ide facendo o que poidades pero facédeo amodo e fixándovos moito.
MATES:
O único que vos pido e que os que non rematastes as 10 fichas que vos deixei o outro día, que o fagades e por favor necesitamos ir memorizando algunha tabla. É necesario saber xa, xa, xa a do 2, 3 e 4. Así que por favor esta semana estudiade moito, moito as tablas e intentaremos rematar esta semana coa tabla do 5. Xa sei que non é moi divertido poñerse a memorizar, pero pensade que xa ides para 3º e teredes que estudiar cada día un pouco. Vale?
LENGUA:
Rematades o tema 9.
LINGUA:
Pax 138 facedes a lectura e o exercicio 1.
Da 139 os exercicios 3 e 5.
Da 140 todas.
Da 141 o exercicio 4.
Da 142 todos.
NATURAIS/ SOCIAIS:
Se podedes ide facendo o tema de naturais para rematalo.
Así rematamos un tema de lingua, un de lengua, un de naturais e chegamos a tabla do 5, co cal estamos levando moi bo ritmo de traballo.
Bueno vos facede o que poidades pero sobre todo lectura e as tabliñas, vale???
Por favor, enviádeme as tarefas que ides facendo, por whatsapp ou por mail, é importante, para así poder resolver as vosas dúbidas e ir avanzando tod@s xunt@s.
Moito ánimo e boa semana!!
Ola a tod@s!!
Aquí tendes as fichas que vos dixen na mensaxe anterior. Como son 10 fichas... tedes esta semana e a que ven para facelo, para despois poder comezar co libro, vale? Seguro que as facedes xenial!!
ÁNIMO!!
Ola a tod@s!
Primeiramente mándovos un saúdo e un cariño moi grande a todos os nenos e nenas de 1º ciclo.
Como ben sabedes, recibistedes os libros do terceiro trimestre, pois ben, semana tras semana, vos irei indicando o que me gustaría que fixérades. Se algo vos resulta moi complicado ou moi lioso non o fagades. A cuestión é facer aínda que sexa pouco pero facelo BEN!! Fixádevos moito cando fagades as lecturas e escribide despacio e fixándovos sobre todo na ortografía.
Ala, xa non vos entreteño mais. Esta semana é curta, posto que o venres é festivo pero tendes 4 días para traballar moito, moito.
MATES:
Non podemos comezar o libro esta semana porque é necesario que fagamos antes unhas fichas posto que o libro empeza na tabla do 6 e isto está moi avanzado. Primeiro, por favor, tedes que facer as fichas que colgarei mañá luns, no recuncho co nome de "Empezamos a multiplicar", son 10 fichas. Esto todo é para facer toda esta semana, ata o domingo próximo vale? Así a vindeira semana xa non vos poñerei mais fichas e adicarémonos exclusivamente ao libro. Sinto que esta semana matemáticas sexa así pero é necesario que levemos unha orde, vale?
LENGUA:
Comezamos o tema 9, facemos a lectura de " El perro del vecino" e facemos ata a páxina 137.
LINGUA:
Comezamos o tema 9, facemos a lectura de "A Viaxe de Carolina" e facemos ata a páxina 137.
SOCIAIS/ NATURAIS:
Esta semana e a próxima faremos SÓ Naturais. Empezamos o tema 5 de Naturais e ides lendo pouco a pouco e facendo pero é para facer durante 2 semanas. Sociais non se fai ata que rematemos o tema 5 de Naturais.
Bueno isto é todo para a semana. A medida que vaiades rematando tarefas ídeme dicindo algo para eu saber si vos da moito traballo, si é difícil e mais para eu saber si estades traballando ou non. Porque lembrade o curso remata en xuño, de momento toca traballar e esforzarnos un pouquiño, vale? Calquera cousa comunicádemo.
Un besazo e un abrazado!! Coidádevos moito!!