Skip to Content

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

En documentos adxuntos: tríptico resumo coas informacións relevantes para este inicio de curso e listaxe de material para educación infantil.

 

CIRCULAR INICIO DE CURSO

En documento adxunto a circular de inicio de curso.

 

PREMIO ANTÓN FRAGUAS: GAÑAMOS!

O CEIP Apóstolo Santiago, xunto co CEIP Lamas de Abade e o CEIP Pérez Viondi (A Estrada) resultaron gañadores do XIII Premio Antón Fraguas na categoría de educación primaria.

A nova completa está na ligazón.

http://museodopobo.gal/gl/nova/proxectos-ganadores-da-xiii-edicion-do-premio-antonio-fraguas-fraguas

LIBROS DE TEXTO 2024_25

En documento adxunto a lista de libros de texto para o vindeiro curso.

AVISO: Non merquen os libros de 1º e 2º de educación primaria ata que comece o curso. É posible que non se solicite o libro en todas as materias, como xa ocorreu este curso.

HIMNO DA LINGORETA ATLETA E PISANDO ESTRELAS

Publicamos no blog da Biblioteca un par de pezas musicais que gravamos en colaboración co Centro Xove da Almáciga que nos permitiu contar co seu espazo e equipo técnico para realizar a gravación.

"PISANDO ESTRELAS", con letra de Luísa Villalta

"HIMNO DA LINGORETA OLÍMPICA", con letra do alumnado de 4EP.

Aquí van as ligazóns:

https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/2024/06/luisa-villalta-estrelas.html

https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/2024/06/himno-de-lingoreta-proxecto-lingoreta.html

BOLSAS NEAE 2024-2025

Aberto o prazo, ata o 13 de setembro de 2024, para presentar no centro a solicitude das as axudas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para alumnado con necesidades específicas de atención educativa (NEAE).

 

Información no enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

Esta solicitude irá acompañada de:

 

  • Código Conta Cliente (CCC): O/A titular da conta debe ser o alumno/a.

  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar.

  • Fotocopia do Certificado de Discapacidade (mínima do 25%, novidade de este curso).

  • Fotocopia do Certificado das Altas Capacidades, diagnóstico médico do Trastorno Grave de Conduta, Trastornos Grave da Comunicación e da Linguaxe, TDAH (asociado ás casuísticas anteriores) ou TEA.

  • Memoria do gabinete que preste o servizo durante o curso 2024-2025

  • Outros documentos que se considere oportuno achegar (certificado de familia numerosa...).

     

 

PARA CALQUERA CONSULTA, PÓÑANSE EN CONTACTO CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

 

 

BOLSAS COMEDOR E EXTRAESCOLARES. CONCELLO DE SANTIAGO

Informamos da publicación no BOP da Coruña do 20-05-2024 da publicación da convocatoria de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, asemade tamén para aqueles que estean escolarizados en centros de educación especial en segundo ciclo de infantil, educación primaria obrigatoria e educación secundaria obrigatoria no Concello de Santiago de Compostela, curso 2024-2025

 

 Informamos que os interesados dispoñen de 10 días hábiles (a contar dende o día seguinte á publicación no BOP), para presentar a súa solicitude.

 

En documentos adxuntos están as bases, a publicación no BOP, o modelo de solicitude, e os modelos de adhesión

AXUDAS DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 2024-2025

Está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025. Data límite para entrega de solicitudes: 21 de xuño de 2024.

O procedemento está rexido pola Orde do 7 de maio (DOG 20 de maio de 2024).

LIGAZÓN Á ORDE DO 7 DE MAIO

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE 3 FORMAS. 

1. Aplicación FONDOLIBROS e presentar a documentación de forma telemática a través da Sede Electrónica (identificación con Chave365 ou DNI electrónico).

2. Cubrir os datos na aplicación FONDOLIBROS, imprimir os documentos xerados e presentalos no centro educativo.

3. Imprimir os anexos que figuran na orde (ou recollelos no centro educativo) e presentalos cubertos no centro educativo.

LIGAZÓN Á APLICACIÓN FONDOLIBROS:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

2. A solicitude será única para todos os fillos e fillas e, de ser o caso, tutelados e tuteladas, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2024/25. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean escolarizados no mesmo centro.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2023/24. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a entrada desta en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumnado resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

Achéganse en documento descargable o MANUAL DE USUARIO para a xestión telemática da solicitude e os ANEXOS I  e II para poder imprimir.

 

 

PUNTO LARANXA

No lateral dereito desta web agregouse a función PUNTO LARANXA, un espazo deseñado para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso escolar de xeito anónimo.

As comunicación realizadas a través do formulario irán a un enderezo habilitado para a coordinación de convivencia do centro educativo.

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

De acordo co ditado na ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240112/AnuncioG0655-080124-0001_gl.html

 

E coa RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240223/AnuncioG0655-150224-0004_gl.html

 

Os días 10 e 11 de abril levarase a cabo a avaliación diagnóstica para o alumnado de 4º de educación primaria.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut