Skip to Content

Orientación

Instrucións 19 de marzo 2020. COVID-19 e persoas TEA

A continuación poñemos a vosa disposición a seguinte información en relación as Instrucións do 19 de marzo de 2020 firmadas polo Ministro de Sanidade e  publicadas no BOE num.76, do 20 de marzo 2020, que fan referencia a posibilidade e permiso das persoas con diagnóstico TEA e con conductas disruptivas, a saír a rúa acompañadas.

O texto explicíta a hablitación da seguinte forma: “ a las personas con discapacidad, que tengan alteraciones conductuales, como por ejemplo personas con diagnóstico de espectro autista y conductas disruptivas, el cual se vea agravado por la situación de confinamiento derivada de la declaración del estado de alarma, y a un acompañante, a circular por las vías de uso público, siempre y cuando se respeten las medidas necesarias para evitar el contagio".

O contido completo de ditas Instrucións pode consultarse no seguinte enlace:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2020-3898

 Aínda que no texto legal non se establece ningún requisito no referente a documentación, recoméndase que a persoa nas súas saídas, leve consigo a seguinte documentación:

Certificado oficial de recoñecemento de Discapacidade. 

Prescripción dun/a profesional sanitario ou social.

Copia de la Instrucción de 19 de marzo de 2020, do Ministerio de Sanidade, pola que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Informes médicos, psicolóxicos ou sociaies complementarios nos que se describan as necesidades individuais e/ou a existencia de dificultades conductuais. 

 

Proposta de actividades e recursos para Educación Primaria

Boa tarde de novo familias!

 O último día na entrada sobre o P.E.L.O deixámosvos contidos a traballar o mesmo para a etapa de E.I. creando un enlace a Drive.

Hoxe voltamos coa creación do mesmo enlace para Drive pero para a etapa de Educación Primaria. As carpetas estarán divididas por cursos e por temática, e iremolas enchendo progresivamente con contidos que teñan como finalidade o traballo de habilidades cognitvas.

Deste xeito poderedes ver as carpetas de:

Atención: é a capacidade de xerar, dirixir e manter un estado de activación axeitado para o correcto procesamento da información. 

Conciencia Fonolóxica: unha das bases da lectoescritura.  A conciencia fonolóxia é unha habilidade lingüística que nos permite identificar e empregar os distintos sons que constituen a linguaxe, como os fonemas e as sílabas. A conciencia fonolóxica desenvólvese en idades temeperás e de xeito previo ao aprendizaxe da lectoescritura. 

Memoria de traballo : conxunto de procesos que nos permiten o almacenamento e manipulación temporal da información para a realización de tarefas cognitivas complexas como a comprensión da linguaxe, lectura, matemáticas e aprendizaxe.

Tamén iremos aportando materiais a través da creación de carpetas de destrezas xerais: comprensión, expresión, etc. 

Dende o Departamento de Orientación non pretendemos nin moito menos saturarvos con mil actividades, xa que somos conscientes do traballo proposto polos equipo docentes e temos en conta a situación extraordinaria que estamos a vivir, pero dende aquí sí queremos ofrecervos unha mostra moi xeral da tipoloxía de actividades alternativas que se poden levar a cabo dentro da Atención a Diversidade.  

Enlaces:

1º-2º https://drive.google.com/drive/folders/1V22WH3kk7-6Bhxp_XgVEHIugd0VrVJSB?usp=sharing

3º- 4º https://drive.google.com/drive/folders/1iOCilak88bPUXQaiVXbOmL99Eb-rwxui?usp=sharing

5º- 6º https://drive.google.com/drive/folders/1UDBHuLpsOLNaS2OcP_dr4CpdAsS2x8KF?usp=sharing

Moito ánimo e forza!

Estimulación da linguaxe oral dos máis pequenos

Bo día familias!

A continuación adxuntamos uns documentos para o alumnado de Educación Infantil. Trátase do P.E.L.O ou Programa de Estimulación da Linguaxe Oral, que tal e como indica o seu nome ten como obxectivo a estimulación e prevención de dificultades de linguaxe e aprendizaxe.

Os contidos deste programa chamado "Comunicarnos", están dispostos por quincenas e por curso (4º,5º e 6º de EI) dentro deles poderedes atopar enlaces para distintos materiais que vos levarán ao blogue de "Siembra estrellas".

Esta páxina recomendámola totalmente para traballar a comunicación e a linguaxe. Esperamos que vos sexa de proveito para organizar actividades coas vosas crianzas!

O seguinte enlace levarávos a un Drive creado onde iremos subindo máis materiais.

https://drive.google.com/drive/folders/1Xz9WV2maj8vqFOWonFBoCcrXhBPB4GW4?usp=sharing

 

Moito ánimo e forza para estas datas!

DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE DOWN

25/03/2017

O pasado martes, 21 de marzo, co gallo do día Internacional da Síndrome de Down, levamos adiante unha pequena iniciativa no noso centro para o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Primaria.

 

O lema que se propuxo este ano dende Down España http://www.sindromedown.net/  foi

 

CAMBIA A TÚA OLLADA SOBRE A SÍNDROME DE DOWN

http://www.xtumirada.com/es/

 

Xogando con esta idea, animamos a que se deixe de ver a Síndrome de Down coma unha enfermidade ou un motivo de exclusión, xa que son máis as cousas compartimos, que as que nos diferencian. A vida non é unha cuestión de cromosomas!

Deixamosvos un vídeo a xeito de reflexión... (e tamén un motivo para deixar escapar algunha bágoa)

https://www.youtube.com/watch?v=79W9AezWG2Q

Problema de conduta

00/00/

Orientacións para o alumnado con problemas de conduta.

AdxuntoTamaño
PROBLEMAS.conducta.pdf800.98 KB
Distribuir contido


by Dr. Radut