Skip to Content

ANPA

ASEMBLEA ANPA 11 DE DECEMBRO DE 2023

Convocatoria de asemblea extraordinaria da ANPA o luns 11 de decembro ás 17:30 horas no salón de actos do CEIP Apóstolo Santiago.

Duración aproximada: 2 h

Haberá servizo de LUDOTECA a disposición das familias que queiran participar e precisen dela. Para iso cómpre enviar un correo antes do venres 8 de decembro ás 15 horas, indicando nome, apelidos e idade da crianza, ao noso enderezo, anpa.apostolo@gmail.com.

 

En adxuntos o documento da convocatoria

AdxuntoTamaño
ORDE DO DÍA Asemblea extrordinaria 11-12-23.pdf189.47 KB

CURSO ONLINE "SER CREATIVIDAD A TRAVÉS DE LA MEDITACIÓN"

Lembrade hoxe, martes 15 de Xaneiro  ás 18:00 curso online impartido pola socióloga , maestra de meditación e ilustradora  AHIMSA ISHAYA.curso online

FOLGA XOVES 18

RECORTES    NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN

 

Ola a tod@s,

   Este días están a aparecer nos medios de comunicación as convocatorias de mobilizacións dos estudantes durante toda esta semana. Tamén está difundido o apoio que a Confederación Estatal de ANPAs presta a estas mobilizacións, e especialmente a petición que fai ás familias para que mañá XOVES 18 non mandemos aos nosos fillos e fillas ó colexio. A federación de ANPAs de Compostela, na que a nosa ANPA está integrada, ten unha postura común que se concreta nos seguintes puntos:

- Apoiamos totalmente as reivindicacións que están a motivar as mobilizacións que se están levando a cabo.

- Rexeitamos o novo anteproxecto de Lei educativa recentemente presentado.

- Estamos en completo desacordo con calquera recorte que se realice na educación pública.

   No que atinxe á convocatoria do XOVES 18, ANIMAMOS a todas as familias á participación non enviando os nenos e nenas á escola e asistindo ás mobilizacións ás que poidan asistir (comunicaremos en canto se coñeza os lugares e horarios onde se realizarán).

 

Un saúdo Xunta directiva da ANPA Apóstolo Santiago.

Distribuir contido


by Dr. Radut