Skip to Content

E. Musical

Os Instrumentos Musicais

Nesta nova Unidade Didáctica presentaremos os Instrumentos Musicais, as súas características e os seus sons. Esta unidade consta de catro temas que podedes ir vendo espaciados no tempo. 

Xa sabedes que non tedes que velo todo nunha semana, e que podedes ir entrando cando queirades, pois estará no blogue ata Xuño. 

Como xa sabedes estes materiais están accesibles, e sen necesidade de descarga no blogue Música e más Cousas.

Tamén se vos propoñen algunhas tarefas que podedes enviar por mail ou publicar nos comentarios.  

 

AdxuntoTamaño
instrumento.jpg224.34 KB

Facemos un comedeiro para paxaros

Boas a todas e todos!

Gustaríame presentarvos unha nova maneira de observar a natureza, aínda que non esteamos no campo. 

Se facemos un sinxelo comedeiro de paxaros, poderemos facer que sexan eles os que nos veñan a visitar ás nosas fiestras e balcóns. 

A idea é que , ao igual que facemos en Entomoloxía, apliquemos o método científico á observación. Facendo un reconto de cantas veces veñen a vernos, que paxaros veñen máis veces. Debuxar os paxaros e tratar de identificalos mediante fotos e coa axuda da rede. 

Este documento está publicado no blog de Música e Máis Cousas. Pero como o presentei nun PDF, tamén podedes descargalo aquí. 

 

Un saúdo e unha aperta,

Laura

AdxuntoTamaño
Comedeiro de paxaros.pdf19.49 MB

Repasamos algunhas historias

Boas a todas e a todos, 

hoxe preséntovos algunhas actividades de repaso, para que non esquezamos o que aprendemos cando nos podiamos ver semanalmente na aula. 

Se facedes clic no blog podedes acceder a vídeos que vos servirán para repasar algunhas historias. Ademáis déixovos unha adaptación da Flauta Máxica de W.A.Mozart, que poderedes descargar e ler nas vosas casas. 

Neste novo apartado de REPASO, irei actualizando as cousas que fomos aprendendo ata agora. 

 

Unha aperta dende a distancia. 

 

AdxuntoTamaño
A Frauta Máxica.pdf6.31 MB

Repasamos algunhas historias

Boas a todas e a todos, 

hoxe preséntovos algunhas actividades de repaso, para que non esquezamos o que aprendemos cando nos podiamos ver semanalmente na aula. 

Se facedes clic no blog podedes acceder a vídeos que vos servirán para repasar algunhas historias. Ademáis déixovos unha adaptación da Flauta Máxica de W.A.Mozart, que poderedes descargar e ler nas vosas casas. 

Neste novo apartado de REPASO, irei actualizando as cousas que fomos aprendendo ata agora. 

 

Unha aperta dende a distancia. 

 

AdxuntoTamaño
A Frauta Máxica.pdf6.31 MB
A Frauta Máxica.pdf6.31 MB

A Máquina de Escribir, de Leroy Anderson.

Ola, 

Nestes días en que estamos tan atoradas coas novas tecnoloxías, tabletas, teléfonos e ordenadores, preséntovos unha actividade que nos recordará cómo se facía todo noutra época. 

Esta é unha proposta que podedes facer os nenos e as nenas de tódolos cursos, pero implicándovos máis en canto ás vosas capacidades. Os nenos e nenas dos cursos máis altos podedes crear un documento onde compiledes información sobre L. Anderson (o autor), xa que vos fixen un enlace. 

Se queredes podedes enviarme os vosos traballos ao correo: lauramusicaemais@gmail.com 

Tamén podedes publicar os vosos comentarios no blog.

As actividades de audición activa e os documentos adxuntos están presentadas no blog de música: Música e Máis. 

Se podedes imprimir (non é preciso), tamén vos deixo un PDF, que vos serve de idea para traballar. 

AdxuntoTamaño
Máquina de escribir.pdf210.87 KB

Blog de Música e Máis cousas

O enderezo do blog de música é: https://lauramusicaemaiscousas.blogspot.com/p/musica.html  

 

o enlace é: Música e Máis Cousas

 

Boas a todas e a todos

Boas, 

 

Espero que todas e todos vós esteades a pasar un periodo de confinamento o máis proveitoso posible, e tamén que teñades saúde, vós e os vosos seres queridos. 

 

Dende o cole, todas as profes estamos a facer todo o posible por que todo isto afecte o menos posible ao curso escolar. 

 

Alégrome de poder comunicarvos que xa teño á vosa disposición un blog onde irei introducindo tarefas de música, de Entomoloxía e de Ciencias Sociais e Naturais, para 1º.  

A través del poderemos comunicarnos e ir propoñendo actividades e os nosos progresos nas materias. 

Como xa sabedes, a música é moito máis divertida en grupo, polo que as actividades que vos propoño serán para realizar coa familia. 

 

E ás familias ireivos dando unhas pequenas indicacións didácticas, axeitadas para cada unha das actividades, que non serán avaliables, pero que poden servir para continuar o proceso educativo, non perder aquilo que aprendemos e sobre todo, facer máis levadeiro este confinamento. 

 

Blog: http//www.lauramusicaemaiscousas@blogspot.com

 

 

Unha aperta!!

 

Laura Bello

AULA DE MÚSICA

00/00/

O ALUMNADO DE 6º INTERPRETA

"O RELOXO" DE J. WUYTACK

 

Música e tecnoloxía

Música na aula con ipad

Distribuir contido


by Dr. Radut