Centro

Flash mob no día internacional da muller traballadora

    Os alumnos e alumnas do Ceip A Maía realizaron un traballo de busca para atopar mulleres que destacasen en todolos campos: científicas , escritoras, políticas,  pintoras, deportistas... e, antes de expoñelas, os de primaria fixeron estes flash mob cos seus achados. Ademáis fixeron con tódolos traballos os libros que agora están expostos na Biblioteca.

365 Días da Muller Traballadora no Día do Libro

Ben é certo que o 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller Traballadora, pero todos sabemos que non é só un día senón todo o ano. Igual pasa o 23 de abril co Día do libro. E por eso este ano todos os alumnos fixeron un gran traballo de investigación sobre as mulleres, os seus logros e traballos ao longo do tempo.

  Os máis pequenos partiron das mulleres máis cercanas a eles, as súas superheroinas: nais, avóas, tías, irmáns...

  Os maiores foron ampliando e buscaron mulleres galegas, españolas e internacionais, por todolos campos: ciencia, investigación, literatura, cine, música, deporte, danza, pintura,  tecnoloxías... de onte e de hoxe.

  Todos estes traballos foron postos finalmente en formato libro e agora están expostos na Biblioteca: á vosa disposición. Tamén podedes velos premendo en cada unha das portadas.

   Non están todas as que son, pero sí són todas as que están!!

           

            

         

             

                

                 

Visita de Charo Pita: narradora e escritora

  Dentro das actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca, o pasado 17 de abril os nenos de infantil e os de 3º de primaria, tiveron a visita da narradora e escritora Charo Pita quen coa palabra, con rimas, xogos vocais, cancións e narrativa de contos tradicionais e outros, fíxonos pasar unha sesión moi divertida!. Os nenos escoitaron a Charo fascinados de principio a fin.

  Neste video tedes uns anaquiños "para abrir boca" coa actuación de Charo Pita cos pequenos de infantil:

  Unha montaxe coas fotos da actuación de Charo Pita cos nenos de infantil e os de 3º de primaria.

"Snowball" : Face 2 Face

      

  Os alumnos de 4 e 5 anos asistiron na Casa da Cultura de Bertamiráns á representación de Snowball: unha actividade organizada polo Departamento de Inglés e protagonizada por Rebecca Evans da Compañía de teatro Face 2 Face.  Con cancións, bailes, moita mímica e humor e todo en inglés!. Fantástico!. Saíron encantados e moitos dos nenos decían "entendo todo!" 

  Nesta montaxe tedes fotos da saída e varios videos da actuación. E tamén algúns dos debuxos que fixeron ao volver a clase.
 

Teatro en inglés

 

O vindeiro 11 de abril, o departamento de inglés ten programada unha sesión de teatro en inglés para o alumnado de 5º e 6º de educación infantil.

É unha actividade que implica un custo xa que hai que contratar unha compañía. A compañía contratada para a representación é Face 2 Face. Unha compañía de teatro educativo formada por un equipo de profesionais de teatro e educación. Na última década, este equipo foi unha referencia constante de calidade no panorama do ensino de inglés, obtendo unha excelente reputación cos profesores e os alumnos pola súa profesionalidade, sentido do humor e bo traballo.

A clave do éxito de Face 2 Face é a interacción entre os actores e o público. Desde o primeiro momento, os alumnos son alentados a utilizar o seu coñecemento de inglés para axudar no desenvolvemento dos espectáculos. Os membros do público están invitados no escenario, onde improvisan algúns dos papeis dos actores cos actores. O riso axuda aos estudantes a relaxarse ​​e soltarse, permitindo que se baseen nos recursos lingüísticos que non poderían usar nun ambiente máis formal, como unha aula. As obras interpretaranse completamente en inglés, facendo que os participantes "pensen" nesa lingua e utilicen o coñecemento que posúen. Por outra banda, a linguaxe corporal, o mimismo e os xestos dos actores facilitan a comprensión.

O Hospital de Osiños nas clases de 5 anos

    Os nenos/as de 5 anos recibiron a visita dos alumnos e alumnas da facultade de Mediciña da Universidade de Santiago que participan no HOSPITAL DE OSIÑOS. É unha iniciativa organizada por Medicina Interna de Galicia (Meiga). Xurdeu no Reino Unido fai 30 anos (TEDDY BEAR HOSPITAL) e pretende  mellorar a relación dos pequenos coa medicina e os médicos, facendo que lle perdan o medo e ensinándolles hábitos de vida saudables.

Máis información no blog de infantil.

 

Xogadores do Santiago Futsal visitan o colexio

    O martes 20 de marzo recibimos no centro a visita de 3 xogadores (Everton, Isma e Armando) do SANTIAGO FUTSAL. Os rapaces de primaria do Ceip A Maía asistiron por quendas ao longo de toda a mañán a unha pequena charla cos xogadores e coa xefa de prensa do equipo e puderon facerlles as preguntas que quixeron. Tamén asistiron á proxección dun video. E como remate os xogadores díronlles autógrafos e regaláronlles entradas para o partido do sábado 30.

As fotos da visita están no PDF adxunto

 É o club máis laureado do fútbol sala galego, con 7 Copas Xunta, 1 Copa de España, 1 Supercopa de España e 1 Recopa de Europa.   

           

Fotos recibidas: Rosalía vive na Maía

  Desde o EDNL propuxéronnos elaborar en cada clase uns carteis onde se recollesen e ilustrasen poemas de Rosalía de Castro. Despois os rapaces tiñan que levalos e penduralos nos portais dos seus edificios á vista de toda a comunidade e logo sacarlles fotos. Esta é unha recopilación das que recibimos.

    Moitísimas grazas a todos por participar nesta idea que pretendía abrir á veciñanza a celebración do Día de Rosalía, traspasando o ámbito escolar.  

PREMEDE na imaxe para ver as fotos.

 

CONCERTO: "A historia extravagante de Hipo & Gavante"

   Xa se achega o novo CONCERTO!. Será o vindeiro 16 de marzo no Auditorio de Galicia. Asistiremos á seguinte representación: A historia extravagante de Hipo & Gavante interpretada pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela,  con narración de Nono Granero, o autor do conto.

   Recomendamos o seguinte libro para un mellor aproveitamento e disfrute do concerto.

 

"A historia extravagante de Hipo & Gavante"

Autor: Nono Granero Moya

Editor: Canica Books

E para máis información premede nestas ligazóns:

http://www.compostelacapitalcultural.com/detalles/18024/eventos.html

https://www.youtube.com/watch?v=BgX2wj-ARFc

 

 

Rosalía vive na Maía

 Mostra dos poemas de Rosalía de Castro que ilustraron os alumnos. Como seguro que xa os vistes, están  pendurados polo patio de entrada  do noso colexio, situado no medio das terras que a inspiraron e que a escritora percorreu desde o seu nacemento en  1837 no Camiño Novo, do Concello de Conxo, hoxe Praza de Vigo do Concello de Santiago de Compostela ata o seu pasamento en Padrón no ano 1885.

Premede na imaxe para ver os traballos pendurados no patio.

 

Distribuir contido