Centro

Día mundial das clases ao aire libre

  O noso cole participou o día 18 de maio xunto con outros 4000 colexios de moitos paises a  nunha iniciativa mundial para dar as clases ao aire libre, fora das aulas, e recuperar así o contacto coa natureza. Esta proposta trata de fomentar o aprendizaxe de xeito lúdico como parte da formación integral  dos nenos, xa que estos precisan xogar e experimentar ao aire libre para un desenvolvemento san e completo. Estas son algunhas fotos das clases fora e nos blogs de infantil tedes máis información sobre este día.

Un mapa que indica os sitios onde se sumaron colexios a esta iniciativa...

 

 

O sabor da aventura está no mar: Plan Proxecta en 6º de infantil

  Os nenos e nenas de 6º de Infantil, participaron este curso no Plan Proxecta: o sabor da aventura está no mar, (que está organizada pola Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia). Aprenderon sobre os alimentos que veñen do mar. Nunha primeira visita que lles fixeron os membros do programa, os nenos viron como se preparaban bocatas riquísimos con productos do mar... e despois coméronos!

   Nunha segunda visita faláronlles da alimentación sana, do consumo responsable e da responsabilidade que teñen no coidado dos mares.... e remataron xogando a pescar!

  Máis información sobre o desenvolvemento desta actividade podedes vela entrando nos blogs de infantil:

http://infantilamaia9.blogspot.com.es/2017/05/o-sabor-da-aventura-esta-no-mar.html

http://unhapresadadeollomaos.blogspot.com.es/2017/05/o-sabor-da-aventura-esta-no-mar.html

 

 

 

Tendal de poemas: entre ríos e camiños

 

  O alumnado de infantil e primaria de Ames participou nunha intervención artístico-poética ao aire libre. Fixeron siluetas de pezas de roupa en lonas nas que por un lado escribiron poemas e polo outro puxeron as ilustracións feitas en cada aula.

  Na organización e coordinación da actividade colaboran os ENDLG dos centros de participantes, a Aula da Natureza e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames.

    A temática foi a Natureza e os poemas eran de escritores en lingua galega ou de producción propia. As pezas colgáronse en distintos parques de Ames en tendales facilitados polo Concello (máis información premendo aquí para ver a súa páxina). A idea era facer disfrutar aos veciños de Ames coa poesía. Esperamos que vos gustasen!

 

    Dous alumnos de cada aula, elexidos por sorteo, foron os representantes dos seus compañeiros para tender estas pezas poéticas. Premendo no issuu de abaixo veredes en detalle os poemas dos alumnos de infantil.

 

 

 

A galiña azul de Carlos Casares

   Esta semana das Letras Galegas o cole encheuse de galiñas... en homenaxe a Carlos Casares e a súa galiña azul.

 

"Jungle Fever" teatro en inglés para infantil

 Os alumnos de 4 e 5 anos (en dúas sesións) asistiron na Aula de Cultura de Bertamiráns a unha obra de taeatro JUNGLE FEVER  da compañía FACE TO FACE. Foi unha actividade organizada polo departamento de inglés do centro na que os nenos disfrutaron e practicaron o idioma nunha obra chea de humor e cancións. Podedes ver máis información sobre esta saída nos blogs de infantil (fotos e videos da obra)

Imaxes do fotocall de Antroido

   Despois da actuación dos alumnos e alumnas de 2º, podedes ver unha montaxe que fixemos coas fotos da semana na que alumnos e profes foron pasando a disfrazarse no fotocall. Un xeito divertido de achegarse ás tradicións.

 

Venres de Antroido na Maía

  Alumnos e profesores pasamos unha divertida xornada de Entroido: disfrazados do que máis nos gustaba, con degustación de doces típicos e rematando cun baile de disfraces.

  Nesta montaxe podedes ver imaxes da xornada na que participaron todos, desde os máis pequenos ata os maiores.

 

                         Un video do blog de primaria:

   E desde os blogs de infantil cóntannos con fotos e videos como viviron o antroido os pequenos, xa que eles seguiron os mandadiños do Meco e ademáis participaron no fhotocall que se fixo no escenario da Biblioteca:

a clase de chanclas (de 4 anos)

unha presada de ollomaos (de 5 anos)

o blog de 6ºC infantil (5 anos)

o blog de 4ºA infantil (de 3 anos)

Homenaxe vivo a Rosalía de Castro

Nesta semana realizáronse en todas as clases moitas actividades para conmemorar o "DÍA DE ROSALÍA",  entre elas:

-a plantación dun cerramen na parte traseira do edificio de primaria con camelias da variedade "Rosalía de Castro". Esta camelia foi creada en Portugal por Moreira da Silva como homenaxe á nosa escritora e seique o primeiro exemplar está plantado na súa casa museo. Cada aula plantou unha árbore.

    >Un grupo de primaria...

 

    >Un grupo de alumnos de 4 anos....

      >os alumnos de 2º plantando a súa camelia

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/517 

 

   > os alumnos e as alumnas de 4º de primaria coas súas camelias:

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/519

    >un grupo de 5 anos contao así:

http://unhapresadadeollomaos.blogspot.com.es/2017/02/dia-de-rosalia.html   

     >este grupo de 4 anos traballou a poesía de Rosalía

http://biblioceipamaia.blogspot.com.es/2017/02/4b-infantil-interpreta-rosalia-de-castro.html

   -gravación duns videos con recitado de poesías por parte do alumnado de primaria que podedes ver nesta web ou directamente no seguinte enderezo  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/511

-

Traballando a Paz

   Algúns dos traballos que fixeron os alumnos de infantil e primaria para conmemorar o DÍA DA PAZ e ambientar o colexio.

Recitando a Rosalía de Castro

      Vídeo de recitado dunha parte dos poemas de Cantares Galegos para conmemorar o día de Rosalía. Elaborado polo alumnado do CEIP A Maía de Bertamiráns.

    Video Clip do poema: "Cantarte hei Galicia" feito polo alumando de 4º, 5º e 6º do CEIP A Maía.

(Ambos videos están no blog de primaria )

Distribuir contido