Centro

Story time. Under the sea. Inglés para 6º de infantil

  O alumnado de 6º de infantil vai a asistir o mércores 27 de abril ás 11 a unha sesión de conto en inglés no escenario da Biblioteca do centro. O espectáculo chámase STORY TIME. UNDER THE SEA. Trata dun rapaz que atopa unha moeda antiga procedente dun barco pirata afundido e decide ir á procura do resto do tesouro.

   A actividade foi xestionada pola ANPA e van a representala membros da School of English   Kids&Us   de Santiago

Recitando a Rosalía

    O alumnado de primaria homenaxea a Rosalía de Castro con este recitado dos seus poemas:

Estas son algunhas das fotos que se sacaron durante a preparación do video e imaxes da vida e obras da escritora:

Unha imaxe de parte do equipo técnico no "making of"

Os alumnos e alumnas de 5º tamén participaron nun programa de Radio Ames:

Video homenaxe a Rosalía . Alumnos de infantil recitan: "Vente rapasa"

   Alumnos de 5 e 4 anos do Ceip A Maía, interviñeron na homenaxe a Rosalía de Castro recitando a poesía "Vente rapasa" de Cantares galegos. O video participou na lembranza que se celebrou o mércores no Milladoiro. Ler + na páxina do Concello.

 

Baile de disfraces no Antroido da Maía

   Tanto os profes coma os alumnos o pasamos moi ben durante o baile do disfraces co que rematamos esta semana de Antroido no Ceip A Maía!

Baile de disfraces dos alumnos de infantil

   Os 225 pequenos de infantil viñeron disfrazados de princesas, superherois, patrulla canina, monstros e todo canto se lles ocurreu nunha mañán moi divertida na que tamén degustaron as filloas, orellas e rosquillas propias do Antroido. Despois baixaron ao edificio de primaria e tras duns primeiros minutos de impresión dos máis pequeniños de 3 anos, case todos se foron soltando e  bailaron cos seus compañeiros ao ritmo da música seleccionada polo equipo de extraescolares que lles puxo o profe Jorge.

 Moitas grazas os papás e mamás por colaborar cos disfraces e coas larpeiradas das que os pequenos deron boa conta nas festas de antroido que celebraron nas aulas.

DÍA DA PAZ

   Hoxe celebramos o Día da Paz. Os alumnos e alumnas de infantil e primaria elaboraron ó longo da semana as pancartas que hoxe compartimos, leron os lemas traballados por niveis e remataron todos xuntos cantando a Cantarela dos nenos de Neira Vilas. Deixemos que os videos coas fotos dos traballos falen por eles....

As pancartas:

Un anaco da canción:

A xuntanza de todos os alumnos:

Ademáis no blog de primaria podedes ver outro video da xornada premendo AQUÍ

 

"Música, baile e instrumentos na tradición galega" no Auditorio e visita ó Mupega

 O venres os alumnos de 5º de primaria fixeron unha saída a Santiago para visitar o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e o Auditorio. Neste escrito a alumna Natalia Paz de 5ºC, cóntanos como lles foi.

  No Auditorio asistiron a un concerto de "Música, baile e instrumentos na tradición galega" a cargo de Pablo Carpintero que fixo o deseño do concerto, a presentación, gaitas e outros instrumentos, das pandereteiras "Ars Antiqua" (Sonia Albor, Montse García-Santamarina, Rosa Sánchez, Raquel de la Fuente e Fátima Ruzo) e o grupo de baile do centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras dirixido por Luís Prego.

 Aquí están os alumnos de 5º no MUPEGA

Nadal en infantil: Chocolatada de festa e títeres e cancións con Luis Vallecillo.

Entre outras actividades para rematar o mes de Nadal e dar comezo as vacacións, os alumnos e alumnas de 3, 4 e 5 anos de infantil do Ceip A Maía asistiron a unha sesión de títeres, contos e cancións   polo artista e contacontos Luis Vallecillo. Pasámolo moi ben!

  Os pequenos tamén celebraron o inicio das vacacións cunha chocolatada con churros e festas nas aulas. Podedes ver algunhas das cousas que fixeron entrando nos blogues de infantil:

http://infantilamaia3.blogspot.com.es/2015/12/o-nadal.html

http://infantilamaia9.blogspot.com.es/2015/12/festa-do-nadal.html

 

 

Xosé Neira Vilas, un rapaz de aldea no Ceip A Maía

  Onte finou o escritor Xosé Neira Vilas autor de “Memorias  dun neno labrego”, o libro máis lido e traducido da literatura galega que comeza con estas palabras“Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén…”.

  Con motivo do 50 aniversario da publicación das memorias de Balbino, no ano 2011 o escritor visitou o noso Centro, conversou cos rapaces do 3º ciclo e adicoulles os seus libros. Nesta ligazón co blog da Biblioteca  podedes ver como transcurreu a visita e lembrar a Don Xosé.

O magosto

    O pasado martes 10 celebramos o magosto no Centro despois de pospoñelo por causa do tempo. Os maiores picaron as castañas que despois asou o conserxe no patio traseiro de primaria. Os máis pequenos asistiron algo impresionados e os máis veteranos comeron castañas, correron e bailaron coa música.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

         

Podedes ver máis imaxes nos blogues de infantil.

CLICAR AQUÍ   ENTRADA 1                            CLICAR AQUÍ    ENTRADA 2

Distribuir contido