Centro

Cantacontos con Luis Vallecillo

   Os alumnos e alumnas máis pequenos do cole asistiron no salón da Biblioteca a dúas sesións de CANTACONTOS co poeta, músico e autor Luis Vallecillo organizada polo equipo de Infantil... Neste obradoiro musical, Luis cantounos en divertidas cancións en galego  a historia dos tres porquiños, as pantasmiñas, Xan sin medo e outros contos musicados e versionados por él cun aire de rock e blues acompañado da súa guitarra. Os pequenos repetiron os retrousos, bailaron e cantaron... Póñovos aquí un video con algunhas das cancións. (E tamén podedes ver máis fotos nos blogues de Infantil).

 

O atento público, na segunda sesión:

 

 

ceip A Maía

LEMA DO COLEXIO

 

O LEMA DESTE CURSO

 “CREAMOS LAZOS, UNIMOS ESFORZOS”

 

 Aínda que ao lelo pareza un pouco metafórico, ten unha crara mensaxe:

 

Coñecémonos os que xa estabamos e os novos que se incorporan este curso.

Dialogamos, falando cousas do noso interese.

Convivimos nas aulas, nos corredores, no recreo, nos autobuses, nas actividades…

Compartimos afeccións, xogos, clases, traballo…


Isto crea lazos de unión entre todos  que nos permitirá co esforzo común acadar logros importantes que non sería posible facelo só.

 

DÍA DA PAZ

Hoxe pola mañá todos os alumnos/as e profesores do noso Centro fixemos dous grandes símbolos da PAZ no patio do colexio. Foi o colofón ás actividades que nesta semana viñemos celebrando no colexio.

 

Distribuir contido