Centro

20 de Novembro: día dos dereitos dos nenos

O pasado 20 foi o Día dos dereitos dos Nenos e para conmemoralo o Equipo de Convivencia do centro xunto co Equipo de Dinamización da Biblioteca prepararon unha serie de actividades e montaron un recanto no segundo andar polo que foron pasando os alumnos. Espuxéronse libros sobre o tema dos fondos da Biblioteca.

  Con esta actividade, a exposición dos zapatos e os carteis sobre a violencia de xénero, máis a porta violeta de Rozalén que fixeron os de relixión, os alumnos do centro reflexionaron ao longo da semana sobre dereitos, violencia, igualdade e xustiza social.

Debuxando a porta violeta de Rozalén

   Os alumnos e alumnas de  Relixión de 5º e 6º de primaria empregaron a canción de Rozalén para pintar unha porta violeta contra a violencia de xénero.

              

               

Cinema Crianza

  

   Varios grupos de primaria, e os maiores de infantil, asistiron á proxección dunhas curtametraxes internacionais no festival internacional de cine infantil CINEMA CRIANZA. Este é o segundo festival que se celebra en Ames, para promover o gusto polo cine, a capacidade crítica e a alfabetización audivisual entre os rapaces. Despois, os maiores fixeron unha valoración das curtas vistas que podedes ler no PDF adxunto.

Resumo feito por Gabriela López:

O RETRATO DE ELIKA. Trataba sobre unha rapaza pequena que expoñía na súa clase o país da súa nai, Irán.

 INSPIRACIÓN. Un neno que lle gustaba moito o parkour  pero tiña unha dificultade  porque non tiña 4 dedos dunha man pero mostroulles as persoas  que todo e posible se te o propoñes

 A VOZ DE NARGES. Unha nena de Irán quería cantar na mesquita mais só podían os homes, a ela non lle importou e fixo o que pudo para parecerse a un neno e ao final  cantou.

 O PRINCIPIÑO. Cando somos pequenos a os nenos solen regalarlles coches e as nenas bonecas, pero en Suecia mostráronos que no só as boneca son para nenas ou os coches para nenos

 FHEDI. A  dicir verdade esta foi a miña curtametraxe favorita , trata sobre un neno que na escola fanlle acoso escolar mais el non llo di a ninguén ,pasa o tempo e empezaron a sair os moratóns , golpes , material roto...... E el seguía sen dicir nada .

 

Xogos populares na Maía

Neste ano dedicado a Don Antonio Fraguas Fraguas, non podíamos deixar de lado os xogos populares. O EDNL  do centro  organizou esta actividade de xogos populares. Están realizados en madeira por Cándido Mascato. "Os xogos Populares no Grove", que así é como se presentan, son unha colección que inclúe elementos de lanzamento, habilidade e taboleiro que garantizan a diversión e o entretemento e fomentan a cultura popular. Aprendimos a valorar outro tipo de xogos sinxelos que se saen dos comerciais.

 
 
 

Halloween Word Bank

Hello!
Este ano a rapazada de Infantil, 1º e 2º celebrou o Halloween dun xeito moi...especial.
Convirtíronse por uns días en 'Little wizards' (pequenos magos e magas).

Fixeron unhas fermosas ' Magic wands' (variñas máxicas) e ata estudaron 'magic spells' (feitizos máxicos) en Inglés! Fantastic!!!!

Practicaron moito...ao igual que Harry Potter na 'Howarts school' e polo visto, algúns familiares das crianzas quedaron 'frozen' (conxelados); ou con 'happy' ou 'sad' face (cara leda ou triste)
Amazing!!!

 
Os de 4º fixeron este banco de palabras de Halloween.

  Velaquí os dous 'magic spells' que máis éxito tiveron entre o alumnado...por se queredes practicalos e convertirvos tamén en 'wizards'!

Magic spell 1:

One, two, three
Happy Halloween
For you and me!

One, two, three
Sad  Halloween
For you and me!

Magic spell 2:

Abracadabra,abracadu
Red, pink, yellow
and blue
I touch my head
I touch my nose
One, two, three...
Four, five, six...
FREEZE!!!

* Para desconxelar á persoa, no canto de FREEZE, dicir GO!!!

As castañas do magosto

  O pasado venres 2 os rapaces do colexio celebraron o magosto: aquí os máis pequenos comendo as castañas e despois bailando.


O Samaín polas portas...

 Así quedou o Cole da Maía polo Samaín: cabazas, bruxas, esqueletos polas portas... e ata unha invasión de ratos e arañas polas escaleiras!

Cabazas do Samaín en infantil e primaria

  Durante esta semana temos a exposición coas cabazas do Samaín organizada polo Equipo de Extraescolares e realizadas polos alumnos e alumnas coa axuda das familias. O Equipo da Biblioteca colaborou tamén na selección de libros relacionados coa temática do Samaín e Hallowen. As cabazas e os libros de medo están na entrada do edificio de infantil e no primeiro andar do de primaria. 

  Nos PDF adxuntos podedes ver con detalle os traballos realizados!

 Moitas grazas pola vosa colaboración e polo derroche de imaxinación!

 

Pakolas, rock´n´roll na Maía

    

Paco Cerdeira é autor, compositor e músico. Durante anos estivo en Mamá Cabra e agora está en A Gramola Gominola.

  Para os máis pequenos é PAKOLAS  e ten un libro-CD Editado por Galaxia na súa colección Sonárbore.Pakolas” é un libro-disco que recolle 10 cancións para bailar e aprender onde canta e conta historias de  animais: “Mero o Baldomero”, “Xabarín con bombín”, “O Furafollas” e o pato “Mc Pac” entre outros. Ademáis colaborou co colexio de logopedas de Galicia.

  Na derradeira semana do curso estivo no cole cos pequenos de infantil que o pasaron xenial no seu concerto de rock´n´roll. Neste video tedes anacos da actuación... e Pakolas e o público totalmente entregados a pesar da calor que facía!

Actuacións de 3 anos: contos e cantos

Os pequenos de 3 anos actuaron no escenario da Biblioteca do cole para os seus conpañeiros de infantil. Representaron o conto de Dona Carme e bailaron con acompañamento musical.

 

Distribuir contido