Centro

Vídeos de Nadal de Educación Infantil

 

Bo nadal!

Nos arquivos adxuntos a este artigo tedes os vídeos do grupo de 4º de Educación Infantil. 

Da súa parte: 

Con todos os nosos mellores desexos, os nenos e nenas de 4º de Infantil queremos desexarvos FELICES FESTAS!!!

ATENCIÓN: NON son para visualizar directamente; debedes descargalos para poder velos. NON recomendamos descargalos en dispositivos móbiles, só en ordenadores sobremesa e portátiles.

 Vídeo 4ºA Infantil

 Vídeo 4ºB Infantil

 Vídeo 4ºC Infantil

Nova Plataforma Lingua Inglesa 1º e 2º EP (26/03/2020)

Benqueridas familias de 1º e 2º de Primaria:

Para poder usar dun xeito eficiente a nova plataforma Google Classroom que preparou o teacher de Inglés seguiremos estas pautas:

1.- Comprobade en Abalar Móbil unha mensaxe con instrucións detalladas de como ingresar.

Se non vos chegou a mensaxe ou tedes dúbidas, remitídellas ao docente por medio da axenda do alumnado ou por email a OTEACHERPABLO (@) GMAIL.COM.

Grazas e desculpade polos cambios: o covid-19 precisa adaptabilidade por parte de todos.

Buzón de Convivencia: vídeo

 
O equipo de Convivencia quere poñer a disposición de tódalas tutorías o vídeo onde se explica o funcionamento do Buzón de Convivencia que, coma tódolos anos, estará a disposición do alumnado para recoller as súas suxestións, preocupacións ou problemas que lles poidan xurdir ao longo do curso.
 

O xardín dos 5 sentidos

Os pequenos de tres anos, ao longo dos últimos trimestres do curso 2018-19, crearon e coidaron un xardín vertical en botellas que se colgaron nas columnas do peche do patio. Os cordeis que as ataban facilitaban o reparto da auga das botellas superiores ás inferiores. Os nenos encheron as botellas de terra e plantaron especies diferentes coas que disfrutaron cos cinco sentidos: comestibles, aromáticas, crasas, con follas interesantes ou con fermosas flores... Ademáis unha clase plantou bulbos de narcisos, fresias, amapolas e iris en botes reciclados e tamén fixeron comedeiros para paxaros empregando cáscaras de laranxas... Ao remate do curso levaron as botellas coas plantas para seguir coidando nelas en casa!

Saída de 5 anos ao Pazo do Faramello

  Os alumnos e alumnas de 5 anos que rematan agora a Educación Infantil fixeron nos derradeiros días do curso unha excursión ao Pazo do Faramello, onde Gonzalo, o seu dono, lles fixo de guía polos xardíns e lles contou parte da historia do Pazo. Remataron cunha xuntanza e merenda cos pais no Xardín do Recordo, onde plantaron unha árbore (cercis silicuastrum ou árbore do amor) en memoria das víctimas do accidente do tren  en Santiago.

(nesta montaxe vense mellor as fotos e ademáis incorpora varias vistas do pazo e o seu entorno, do xardín do recordo e fotos da clase de árbol que plantaron, un cercis)

 

Happy holidays!

  Os vosos "friends" tamén marchan de "Holidays"!. Esta derradeira semana en infantil, as "puppets" estiveron despedíndose polas aulas. Cookie agasallou aos máis peques cun "stamp" da súa "happy face" na  "hand".

      

   Lulu reparteu o  "book" cos traballos que fixéchedes os maiores. Denzel repasou con vos as cancións e as "stories" do curso. Monkey, Patch e Spot aproveitaron para decirvos: "See you later alligator!", and "Bye, bye birdie!". Que ben o pasamos!.

          

  Foi un verdadeiro pracer ser a vosa "teacher". Deséxovos un "Happy summer" e todo o mellor para o curso que ven!. A pasalo moi ben rapazada!.

      Happy hollidays and a goodbye!.

                 TEACHER PATRI

Mostra floral do Corpus

  Os alumnos e alumnas de relixión de primaria crearon esta mostra   inspirados nas alfombras florais do Corpus. É un diseño feito por eles e empregaron tanto elementos naturais (flores de hipéricos, flores secas de hortensias, froitos, café, sales tinxidas de cor, brotes verdes das tuias...) como outros artificiais (témperas, papeis de cores, cartulinas, celofán, virutas etc...)

 

Saida de 4 anos ao Aquarium da Coruña

 O luns 10  os pequenos de 4 anos fixeron unha saída ó Aquarium da Coruña para ver os animais acuáticos que coñeceron durante o proxecto no que traballaron durante semanas. Realizaron unha vista guiada polo Aquarium. Viron medusas, tiburóns pequenos, morenas, estrelas de mar, doradas, peixes paiaso, cabaliños de mar, focas e moitos animáis mariños mais. Despois disfrutaron coa merenda no Parque de San Pedro.

 Para ver como foi a visita e o ben que o pasaron con este fantástico remate de proxecto premede AQUI no blog de 4 anos da profe Rosana.

 

Camiñando entre versos de Antón Fraguas polo paseo fluvial de Bertamiráns.

     

O alumnado de infantil e primaria de Ames, participaron nunha iniciativa para o Día das Letras Galegas, que partiu do equipo de normalización lingüística do Concello, a idea foi  transformar o paseo fluvial de Bertamiráns nun CAMIÑO DE VERSOS, cunha escolma de versos do “Cancioneiro de Cotobade” de Antón Fraguas.

  Escribimos sobre lousas os versos de Fraguas, decorámolas e pendurámolas das árbores e polo chan para que os veciños as desfruten nos seus paseos polo parque, unha das nosas premisas pedagóxicas  é a aprendizaxe- servizo, é dicir, unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado onde os participantes aprenden ao traballar en necesidades reais da contorna coa finalidade de melloralo. Entendemos o  aprendizaxe-servizo como unha metodoloxía para unir o compromiso social coa aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores: Aprender a ser competentes sendo útiles aos demais.

 


 


Neste enlace coa CRTVG está recollido o momento no que os nosos representantes colocaron as lousas e tamén o que dixeron sobre Antón Fraguas.


 

Camiñando entre versos de Antón Fraguas polo paseo fluvial de Bertamiráns.

   Unha iniciativa para o día das Letras Galegas que parte do Equipo de Normalización Lingüística do Concello na que participan todos os alumnos de infantil e primaria de Ames transformando o paseo fluvial de Bertamiráns nun CAMIÑO DE VERSOS, cunha escolma de ANTÓN FRAGUAS.
    Puxemos sobre lousas os seus  versos e  pendurámolos das árbores do paseo e  no chan para disfrute dos veciños.

Neste enlace coa RTVG podedes ver algúns momentos da colocación das lousas e aos pequenos representantes do colexio.

 

 

 

Distribuir contido