MATRICULACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-2023
O alumnado admitido para o próximo curso no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso deberá formalizar a matrícula na Secretaría do Centro. O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño. A documentación a presentar no momento de matricularse será a seguinte:
- Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado. Poderá recollerse na secretaría do centro ou descargarlo na páxina web.
- Fotocopia da tarxeta ou carnet de asistencia sanitaria. Ambas caras da tarxeta deberán ir na mesma cara da fotocopia.
- Catro fotografías tamaño carnet, con nome e apelidos pola parte posterior.
- Certificación académica (XADE) do centro de procedencia do alumno/a, na que se especifique se promociona ou non (excepto para o alumnado de 4º de Educación Infantil).
- Fotocopia da cartilla de vacinas.
Como documentos adxuntos poden atopar o impreso de matrícula e outra documentación de interese relacioanada coa nova incorporación ao centro.
Convócase aos proxenitores do alumnado que vai cursar 4º de educación infantil (3 anos) a unha reunión para o 28 de xuño ás 12:30, debendo acudir a ela sen os nenos ou nenas.
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023
Picando na imaxe pódense visualizar os libros de texto do próximo curso 2022-2023 para tódolos cursos de Infantil e Primaria
CONVOCATORIA DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
Entre o 19 de maio e o 30 de setembro está aberrto o prazo para solicitar beca para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Poden consultar toda a información no seguinte enlace: BECAS DE APOIO EDUCATIVO
Dende esta outra ligazón poderán acceder ao sitio da Sede Electrónica onde cumprimentar e presentar a solicitude de beca: ACCESO AO TRÁMITE PARA SOLICITUDE DE BECA PARA NEAE.
No Departamento de Orientación do Centro poden solicitar máis información e/ou a axuda necesaria para realizar os trámites da beca.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023
Dende o 19 de maio ao 22 de xuño está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar, para o curso 2022-2023.
Nos seguintes ligazóns pódese consultar toda a información:
2. A Orde completa publicada no DOG do 18 de maio
3. O acceso á sede eléctrónica para presentar telemáticamente.
4. O acceso á aplicación fondolibros para xenerar a solicitude.
5. O impreso de solicitude para imprimir e cubrir manualmente:
6. O cálculo da renda per cápita (con respecto á Renda 2020)
