Skip to Content

Secretaría

Axudas Libros de Texto

Convocatoria de AXUDAS para o curso 2024_25:

- Adquisición de libros de texto (1º e 2º de Primaria),

- Fondo solidario de libros de texto ( 3º e 4º de Primaria) e 

- Adquisición de material escolar (Todos os cursos de Primaria).

 

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS

Está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar para o próximo curso 2024-25, por parte da Consellería de Educación.

Os prazos para a presentación de solicitudes do alumnado de EP, ESO e EE no centro escolar ou mediante a sede electrónica_Procedemento ED330B é ata o 21 de xuño de 2024.

 

 Forma de presentación das solicitudes:

• Por Internet, na sede electrónica da Xunta de Galicia: Procedemento ED330B

https://sede.xunta.gal/portada

 

 • De xeito presencial, na secretaría do centro. Previamente deberase cubrir o impreso de solicitude (Anexo I e Anexo II), que se pode facer de dúas maneiras:

a) Creando unha solicitude na aplicación Fondo libros, que logo debe asinarse e presentala na secretaría do centro.

b) Cubrindo  o formulario, que se pode solicitar na secretaría do centro ou descargarse a través da aplicación Fondo Libros.

 

 

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

1. Orde completa publicada no Dog.

2. Acceso á aplicación fondo libros para xerar a solicitude.

3. Acceso á sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

 

 

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024_25: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

O prazo de presentación  de solicitudes estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo do 2024.

 Toda a información sobre proceso de admisión publícase na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado).

 Cada alumna/alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar; en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.

INSTRUCIÓNS PARA A SOLICITUDE  DE PRAZA:

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1.- Cubrir a solicitude ED550B informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

2.-  Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder á aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

IMPORTANTE:

Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

 3.- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro, utilizando o formulario normalizado de solicitude (Formulario ED550B).

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO:

O número de postos escolares por unidade reservados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo en 4º de infantil será de 3.

Na solicitude de admisión os pais ou representantes legais deberán manifestar expresamente que ocupan unha praza reservada para alumnado con NEAE.

Xunto coa solicitude deberán achegar a documentación xustificativa das circunstancias manifestadas.

 Os centros deberán remitir as solicitudes xunto coa avaliación psicopedagóxica inicial no prazo máximo de 10 días hábiles á xefatura territorial, para a súa valoración no Equipo de Orientación Específico.

NORMATIVA:

 ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos

 DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA (arquivos):

Calendario de admisión

Criterio Complementario de admisión establecido polo CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

Plano da zona educativa de influencia do centro

Tríptico informativo sobre o Proxecto Educativo do Centro.

Resultado do sorteo para casos de desempate

Prazas Vacantes curso 2024_25

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CLASES

 

O luns 11 de setembro, darán comezo as clases do curso 2023/2024.

Desde o primeiro día desenvolveranse en horario normal, de 09:00 a 14:00h, agás nos grupos de 3 anos (4º de Educ. Infantil) que realizarán o periodo de adaptación.

As entradas ao centro realizaranse de acordo coa información que aparece no plano.

 

 

                           

 

As saídas realizaranse tamén polas mesmas portas polas que entraron cada un dos cursos, ás 14:00h

Os familiares que acompañen as cativas e os cativos, e teñan que deixar ou recoller a máis dun alumno de diferentes cursos, poderá moverse dun lugar de entrada/saída ao outro por dentro do recinto escolar.

 

As entradas a ATENCIÓN TEMPERÁ, realizaranse pola porta principal do centro.

 

XUNTANZA INFORMATIVA COAS FAMILIAS DO ALUMNADO.

 

Ao longo do mes de setembro, o titor ou titora de cada grupo clase manterá unha xuntanza informativa inicial cos pais e nais do alumnado, para tratar aspectos relacionados coa organización do curso escolar. 

- Educ. Infantil 

     4º de Educ. Infantil (3 anos)   Martes   5 de setembro ás 12:00h, na sala de usos múltiples do centro. 

     5º de Educ. Infantil (4 anos)   Martes 12 de setembro ás 16:00h,  nas súas aulas.    

     6º de Educ. Infantil (5 anos)   Martes 12 de Setembro ás 17:30h, na sala de usos múltiples do centro.

 

- Educ. Primaria

     1º de Primaria, martes 19 de setembro ás 16:00h nas súas aulas (1º andar).

     2º de Primaria, martes 12 de setembro ás 16:00h nas súas aulas (1º andar).

     3º de Primaria,  martes 12 de setembro ás 16:00h nas súas aulas (1º andar).

     4º de Primaria,  martes 12 de setembro ás 16:00h nas súas aulas (1º andar).

     5º de Primaria,  martes 12 de setembro  ás 16.00h na sala de usos múltiples do centro.

     6º de Primaria,  martes 19 de Setembro  ás 16:00h na sala de usos múltiples do centro.

Recollida de vales para material escolar e vales para libros de texto.

 

Os vales de material escolar e os vales para libros de texto, poden pasar a recollerse na secretaría do centro a partires do día 1 de setembro.

 

Durante o mes de agosto o servizo de administración do centro permanecerá pechado.

Distribuir contido


by Dr. Radut