Skip to Content

FIN DE CURSO 2010/11

O día 22 de xuño despedímonos dos amigos e das amigas ata o próximo curso, fixemos festa nas clases e disfrutamos xunto coas nosas titoras do último día de curso.

Os alumnos de 6º de primaria despídense ademais do cole, xa que o vindeiro curso empezan no instituto unha nova etapa das súas vidas.

BOA SORTE A TODOS E BOAS VACACIÓNS

GRADUACION EN EDUCACION INFANTIL

Felicidades a tódolos nenos e nenas de 6º de educación infantil, que despois de tres anos traballando e aprendendo acadaron o título de graduados.

Agora toca disfrutar das vacacións. Ata pronto pequerrechos.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2011

O 17 de maio, como xa sabedes, celebrouse en toda  Galicia o día das letras galegas, adicado este ano a Lois Pereiro. Con tal motivo na nosa escola realizamos actividades diversas para coñecer a este escritor e fomentar asi mesmo o uso da lingua galega.


Actividades que se desenrolaron ó longo de toda a semana pasada e tamén desta: visionado de películas en galego, lectura dos carteis expostos nos pasillos que narran a vida de Lois Pereiro, selección e lectura de libros en galego desde a biblioteca do centro, redaccións, poesías, realización nos ordenadores das actividades recomendadas polo seminario GALAN, documentais na pizarra dixital...


 


EXCURSION A MARCELLE

O  11 de maio foi un día moi especial. Os nenos de 5º e 6º de educación infantil, e mais os de primeiro ciclo de primaria fomos de excursión a Marcelle.

Marcelle é un parque zoolóxico que está na provincia de Lugo, coñecemos alí un montón de animais e disfrutamos facendo de exploradores.

 

DIA DA ÁRBORE

Os nenos de 6º de educación infantil celebramos a día da árbore plantando uns castiñeiros no xardín da nosa escola.


BENVIDA

 CEIP AMADEO RODRÍGUEZ BARROSO

Enderezo:Rúa San Mamede, nº8

 

 

Tel:Conserxería 988 783044

      Secretaría   988 783045

Fax:988 783049

Email: ceip.amadeo.barroso@edu.xunta.gal

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut