Skip to Content

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO (FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO) PARA O CURSO 2023-2024

 

Está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar para o próximo curso 2023-2024, por parte da Consellería de Educación.

Os prazos do proceso no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso son os seguintes:

 

Presentación de solicitudes por parte das familias Ata o 21 de xuño de 2023
Devolución de libros usados no curso 2022-2023 19 de xuño de 2023
Publicación das listas provisionais de beneficiarios para o curso 2023-2024 3 de xullo de 2023
Presentación de reclamacións ás listas provisionais 2 días despois da súa publicación (06/07/2023
Publicación das listas definitivas de beneficiarios  10 de xullo de 2023
Entrega de libros concedidos a alumnado de 3º e 4º de Primaria  A principio de curso 2023-2024
Entrega dos vales de libros a alumnado de 1º e 2º de primaria  11 e 12 de xullo de 2023. Os que non os recollan nestes días poderán facelo a comezos do próximo curso)
Entrega de vales para material escolar, para tódolos cursos  11 e 12 de xullo de 2023. Os que non os recollan nestes días poderán facelo a comezos do próximo curso)

 

 Forma de presentación: as solicitudes poderán presentarse:

 • De xeito presencial, na secretaría do centro, de 09:10 a 13:45, procurando evitar os periodos de recreo

(11:30-12:20). Previamente deberase cubrir o impreso de solicitude (Anexo I e Anexo II), que se pode facer de dúas maneiras:

a) Manualmente, cubrindo a man o formulario, que pode adquirirse na secretaría do centro ou descargarse da páxina web do colexio ou dos servizos electrónicos da Xunta de Galicia.

b) Creando unha solicitude na aplicación Fondolibros, que logo debe asinarse e presentala na secrtaría do centro.

• Por Internet, na sede electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023

(precisa Chave 365 ou certificado dixital) 

 

MÁIS INFORMACIÓN:

 

1. A Orde completa publicada no DOG do 19 de maio

2. Acceso á sede eléctrónica para presentar telemáticamente.

4. Acceso á aplicación fondolibros para xenerar a solicitude.

5. O impreso de solicitude para imprimir e cubrir manualmente.

7. A documentación obrigatoria a presentar.

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2023

 

Picando nas imaxes pódense ver os videos con fotos das diferentes partes do Festival das Letras Galegas

 

 

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024: PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS

Dende o 15 de maio de 2023 están publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de alumnado admitido no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso para o curso 2023-2024.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte a esta publicación.

Os admitidos deberán formalizar a matrícula no Colexio entre o 20 e o 30 de xuño.

 

Nota: Co obxectivo de evitarlle ás familias viaxes innecesarias ao centro, comunícase que estas listaxes definitivas coinciden exactamente coas listaxes provisionais publicadas o 25 de abril, e que están admitidos tódolos alumnos e alumnas que no seu día presentaron solicitude en forma e prazo (entre o 1 e o 20 de marzo).

OS CANS DA GARDA CIVIL VISITAN O COLEXIO

 

O Servizo Cinolóxico e Remonta (SECIR) da Garda Civil ten como misión preparar e dirixir aos equipos caninos en diferentes especialidades. Os cans da Garda Civil apoian ás unidades operativas do corpo en servizos coma a busca de persoas desaparecidas, rescates en montaña, intervención en catástrofes, localización de drogas e explosivos e outras actividades nas que axudan a obter mellores resultados.

O pasado dia 12 de maio, o alumnado de 6º gozou dunha experiencia inesquecible con catro destes cans, acompañados dos seus adestradores, nas instalacións do colexio.

Picando na seguinte imaxe pódese ver un vídeo sobre a actividade.

 

EXCURSIÓN: O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA VISITA "A CASA DO PATRÓN"

 

O pasado día 9 de maio, o alumnado de 1º de educación primaria visitou “A Casa do Patrón”,  na aldea de Codeseda (Lalín). A Casa do Patrón é o museo Etnográfico máis importante de Galicia,  con trece salas organizadas por temáticas, con máis de 4500 pezas que amosan as nosas tradicións, os oficios galegos, a casa, a escola, a taberna, os telares, et. Ademais, teñen perfectamente organizadas diferentes actividades e obradoiros para escolares de tódolos niveis.

Pódese ver un vídeo da experiencia picando na seguinte imaxe.

 

ENQUISA SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR

 

Como continuidade á Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020, a Consellería de Educación  ten en marcha a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que contempla o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos e a elaboración do posterior informe de diagnose.

Poden participar na enquisa para valorar a convivencia escolar os seguintes colectivos:

•Alumnado: todo o alumnado a partir de 5º de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria, ESO, FP Básica, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas de Persoas Adultas, Ensinanzas de Réxime Especial, etc).

•Profesorado: todo aquel que imparte docencia no centro educativo durante o curso académico completo.

•Persoal non docente: todo o persoal non docente do centro educativo.

•Familias: todas as familias responsables de alumnado con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, cubrindo un cuestionario por familia e centro educativo.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática por internet, de xeito automatizado e totalmente anónimo. 

O Colexio fará chegar a todos e todas as persoas da comunidade educativa con dereito a participar na enquisa as claves de acceso á mesma e as orientacións para proceder. 

A aplicación informática mencionada leva o nome de ConvivenciaXestion e pódese acceder a ela mediante o seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/

Dende alí poderase acceder ao cuestionario específico para cada colectivo (alumnado de primaria, profesorado, persoal non docente e familias), cubrilo e envialo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut