Skip to Content

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

 

Picando na seguinte imaxe ou en "arquivo adxunto" pódese descargar a listaxe de libros de texto, dos diferentes niveis, que se van utilizar no centro durante o curso académico 2023-2024.

 

 

EXCURSIÓN Á ILLA DE SAN SIMÓN

 

O 12 de xuño, os nenos e as nenas de 3º de educación primaria fixeron unha excursión á Illa de San Simón. Picando na seguinte imaxe pódese ver un vídeo que recolle instantáneas dalgúns momentos da xornada.

 

 

EXCURSIÓN A MARÍN

 

O 7 de xuño o alumnado de 4º de educación primaria visitou o Parque de Aventuras de Marín.

Picando na imaxe pódese ver un vídeo con imaxes da xornada.

 

BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

Están convocadas as Axudas para Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, por parte do Goberno de España (Ministerio de Educación e Formación Profesional).

O prazo para solicitar as axudas vai do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023.

Pódese consultar toda a información premendo no seguinte enlace: BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE

VISITA DOS NENOS E NENAS DE 2º DE PRIMARIA A SAN CIBRÁN DE LAS

 

O 31 de maio, os alumnos e as alumnas de 2º de educación primaria visitaron o Castro de San Cibrán de Las, Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, onde puideron formarse unha idea de como era a vida fai 2000 anos en Galicia.  

Picando na seguinte imaxe pódese visualizar un video que recolle momentos da actividade.

 

O GRUPO DE TEATRO "A BERENGUELA" NO CEIP AMADEO R. BARROSO

 

O día 23 de maio, como xa ven sendo tradición nos últimos anos, visitounos o grupo de teatro "A Berenguela". Fixeron unha representación teatral para o alumnado de 1º e 2º de educación primaria. Pica na seguinte imaxe para ver un vídeo con momentos da actuación.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut