Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024_25: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

O prazo de presentación  de solicitudes estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo do 2024.

 Toda a información sobre proceso de admisión publícase na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado).

 Cada alumna/alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar; en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.

INSTRUCIÓNS PARA A SOLICITUDE  DE PRAZA:

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1.- Cubrir a solicitude ED550B informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

2.-  Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder á aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

IMPORTANTE:

Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

 3.- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro, utilizando o formulario normalizado de solicitude (Formulario ED550B).

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO:

O número de postos escolares por unidade reservados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo en 4º de infantil será de 3.

Na solicitude de admisión os pais ou representantes legais deberán manifestar expresamente que ocupan unha praza reservada para alumnado con NEAE.

Xunto coa solicitude deberán achegar a documentación xustificativa das circunstancias manifestadas.

 Os centros deberán remitir as solicitudes xunto coa avaliación psicopedagóxica inicial no prazo máximo de 10 días hábiles á xefatura territorial, para a súa valoración no Equipo de Orientación Específico.

NORMATIVA:

 ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos

 DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA (arquivos):

Calendario de admisión

Criterio Complementario de admisión establecido polo CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

Plano da zona educativa de influencia do centro

Tríptico informativo sobre o Proxecto Educativo do Centro.

Resultado do sorteo para casos de desempate

Prazas Vacantes curso 2024_25

 

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025: XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

O vindeiro  día 1 de marzo ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso académico 2024-2025.

As familias que antes desas datas desexen visitar as instalacións do centro e/ou coñecer o proxecto educativo do mesmo poderán asistir a XORNADA DE PORTAS ABERTAS, anotándose previamente chamando por teléfono (988 783 044/988 783 047) ou a través de correo electrónico (ceip.amadeo.barroso@edu.xunta.gal).

 

Premendo na seguinte imaxe poderase ver un video-presentación do CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso.

 

 

 

XOVES DE COMPADRES

O alumnado de 4º de primaria participou no Xoves de Compadres na Praza Maior de Ourense.

 

Permendo na imaxe podedes ver un resumo da actividade

DÍA DA PAZ

 

Premendo na  imaxe pódese ver un vídeo sobre o DÍA  DA  PAZ  no Ceip Amado Barroso.

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

 

PRIMEIRA FASE: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES EN CENTROS ADSCRITOS PARA CURSAR A EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

 

O día 15 de xaneiro, iníciase o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2024-2025 en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Actívase así a primeira fase do procedemento para RESERVA DE PRAZA en centros adscritos para alumnado que cambie de etapa. No caso do noso centro aféctalle ao alumnado de 6º de Primaria que desexe cursar 1º da ESO nun dos institutos aos que estamos adscritos: IES Otero Pedrayo ou IES Universidade Laboral.

 

Os interesados deberán presentar solicitude de reserva de praza no prazo comprendido entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro.

As solicitudes poderanse presentar:

- No CEIP Amadeo Rodríguez Barroso (en formato papel), logo de cubrir o formulario correspondente que se pode recoller no centro ou descargalo premendo no adxunto desta nota informativa. 

- Telematicamente, a través da aplicación ADMISION ALUMNADO, seguindo as orientacións que aí se indican. Nesta  mesma ligazón tamén se poden atopar os accesos á lexislación aplicable e aos formularios de solicitude de reserva.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut